miércoles, 28 de mayo de 2025

MERGULLACIENCIA FEST

 Xa estamos preparando o produto final do PDI traballado este curso, "Mergúllate na Ciencia". Deixamos aquí a invitación a toda a Comunidade Educativa para poder pasar a ver o traballo do alumnado neste acto llamado MERGULLACIENCIA FEST.


Güino

lunes, 26 de mayo de 2025

CLUB DE LECTURA 4ºEP. 26 DE MAIO DE 2025

 O alumnado  de 4º EP  estiveron lendo "ÁNXELA E SPENCER" e hoxe recibiron ao seu autor no "Xardín do Pasatempo". Foi moi interesante o que Carlos Meixide estivo contando sobre o seu libro. 

Anteriormente os nenos e as nenas de 4º traballaron o vocabulario, o resumo ... Deixamos aquí un enlace do blog.


sábado, 17 de mayo de 2025

17 DE MAIO DE 2025, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Hoxe, Día das Letras Galegas, adíacase ás CANTAREIRAS e á poesía popular oral.

Deixo aquí un enlace á proposta da Real Academia Galega, chamada PRIMAVERA DAS LETRAS

Güino.

Estas semanas no noso centro disfrutaremos de actividades para celebrar as Letras Galegas.

Visita de cantareiras de Pontedeume, ORBALLO.

martes, 6 de mayo de 2025

6 DE MAIO 2.025. APADRIÑAMENTO LECTOR

 Como o Día do Libro este curso coincidiu coas Eumeolimpiadas, tivemos que trasladar a actividade do apadriñamento lector ao mes de maio. Os padriños e as madriñas foron a recoller a clase aos seu afillados e afilladas para acompañalos ata o xardín do cole onde ... contaron os contos sentados na herba!!! Foi moi divertido!!!

Noraboa a todos e a todas pola participación e colaboración para que quedase unha marabillosa actividade.

Güino.

lunes, 5 de mayo de 2025

CLUB DE LECTURA 5ºEP. 5 MAIO 2025

 O alumnado de 5ºA  estiveron lendo o libro "MURIEL, CAOS NO LABORATORIO LÁCTEO". Este luns 5 de maio, na "Xardín do Pasatempo" recibimos a súa autora María Canosa. Con ela falaron de diferentes temas que se trataban no libro. Foi moi interesante poder coñecela.


Moitas gracias.

viernes, 2 de mayo de 2025

APADRIÑAMENTO LECTOR

 Alumnado do C.E.I.P. Couceiro Freijomil, por fin podemos realizar unha actividade moi chula no xardín do centro. Aquí deixo a información necesaria para poder realizala o vindeiro 6 de maio.

Güino.