lunes, 28 de mayo de 2018

Alén do Mar: Barcos de pesca

Hoxe tivemos a última charla do ciclo  "Tipos de barcos", en colaboración coas xentes do mar que se acercaron á nosa biblioteca para que o alumnado de 5º e 6º coñecera os diferentes de barcos que hai na actualidade..






O día de hoxe foi especial pois Manolo, o Patrón Maior da Confraría de Pontedeume, amosounos os barcos que atracan ao pé da nosa escola , que pescan, cando, canto, onde, como..







.























Trouxonos fotos antigas da descarga do peixe en Pontedeume e unha foto actual da pesca do cerco, arte que utiliza no seu barco.





Mirade nun dos traballos elaborados a partires da charla o contido do tratado esta maña por Manolo, que , por certo, estudou no noso cole ata os 14 anos.

Texto sobre a charla do Patrón Maior.
Xa sabemos motísimo máis dos barcos que están no peirao a carón da nosa escola!!!
 GRAZAS MANOLO!



viernes, 25 de mayo de 2018

"ALÉN DO MAR": OS BARCOS MERCANTES

Esta mañá na nosa biblioteca houbo outra charla dentro do PDI "Alén do mar".

O alumnado de 5º e 6º , logo de coñecer a construcción naval e a historia dos barcos, neste trimestre está a estudar o uso dos barcos na actualidade.

Despois dos barcos deportivos, dos militares e dos de investigación chegoulle a quenda aos barcos mercantes. 

Guillermo Aneiros, xefe de máquinas xubilado, contou a súa experiencia ao tempo que falaba dos diferentes tipos de cargas e de barcos que existen, do seu funcionamento, do persoal que traballa nun mercante,...Rematando a súa charla co visionado dunha película que recolle imaxes de rescates de migrantes , nun dos buques de salvamento onde finalizou a súa carreira.















































O vindeiro luns pecharemos este ciclo de conferencias coa charla adicada aos barcos de pesca, os máis próximos á nosa escola e á vida do noso alumnado. Virá o Patrón Maior da Confraría, ex - alumno do cole.

Aquí  deixamos a presentación e outras imaxes  da actividade desta mañá.

Moitas grazas!









miércoles, 23 de mayo de 2018

NON LEAS????

O alumnado de sexto inicia a recta final no cole e hoxe foron realizar o último préstamo semanal.
Güino regaloulles uns marcapáxinas con unha mensaxe cargada de ironía e eles logo de analizala deixáronola gravada para que as súas voces resoen sempre na nosa biblioteca e no noso cole.

Escoitádeos ben atentos, por que din non leas? Tolearon ou é unha mensaxe en clave?








A rapazada de 6º leu un texto de FRAN ALONSO cargado de doble sentido e ironía que lles fixo reflexionar sobre o que pode pasar se non lemos...

X Certame Poesía Couceiro Freijomil

O pasado 16 de maio, no Festival das Letras Galegas, fallouse o Certame de Poesía do noso cole.

Güino logo de ler e escoitar todas as poesías que falaban do mar, achegadas dende todas as aulas, escolleu as seguintes como gañadoras.



Este curso todas as finalistas publicaranse no "Abrente", o noso xornal que está a preparal o E. de Dinamización da Lingüa Galega. Ademais o Equipo da Biblioteca elaborou tres volumes con todas as poesías participantes que xa están nos andeis da nosa biblioteca.

Xornal Escolar , xa está no prelo!


Lembramos nestas imaxes o Festival das Letras Galegas, onde o alumnado de 6º presentounos a Mª Victoria Moreno, na 1º parte. Na 2ª parte recitáronse as poesías finalistas e o Equipo da Biblioteca entregou  os agasallos que Güino preparou como premio do X Certame De Poesía Couceiro Freijomil.
 Noraboa a tod@s!


lunes, 21 de mayo de 2018

"Alén do mar" Obradoiros sobre a Investigación do medio marino

Grazas á colaboración das familias dentro do PDI o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiu hoxe a tres traballadores do Instituto Español de  Oceanografía (ICO) .

Preme para obter máis información

Primeiramente fixeron unha pequena presentación para a continuación poñernos todos mans á obra.
Divididos en tres grupos pasamos por tres obradoiros onde nos  retransmitiron a importancia da investigación para a conservación do mar.



Lola, a nai duns alumnos do cole, faloulles do PLANCTO, o zooplancto e o fitoplancto. Das súas diferencias, da importancia e da súa vital función dentro da cadea trófica. Das enfermidades que poden ocasionar nos humanos segundo a súa concentración nas rías galegas. Tamén transmitiunos  os perigos dos plásticos e dos microplásticos dos que se está a alimentar o plancto das zonas contaminadas.
 Apoiouse en videos e ata trouxo un microscopio e mostras de placto.



                                                                           
                                                                


Juan desenvolveu unha actividade baseada no estudio dos peixes. Con mostras reais observamos como miden os peixes, co ICTIOMETRO, como se observa o sexo, o estadio reproductivo, o peso e ata a súa idade nos OTOLITOS que teñen os peixes debaixo do craneo. Ademais amosounos os tamaños das mallas das redes para protexer os animais inmaduros, pequenos, que non se reproduciron aínda e asi acadar unha pesca sostible.




                                                               


Nun terceiro obradoiro, Joaquín falounos e experimentamos a importancia da salinidade e da acidez do mar.,como se mesturan as augas frías e cálidas e tamén explicounos a orixe das  mareas, tan importantes para moitas familias eumesas que viven do mar.
                                                                                                                                                                 







 Por último convidáronnos a todos a visitalos na Coruña o sábado 16 de xuño pois teñen xornadas de portas abertas.



Aquí tedes máis imaxes desta estupenda xornada froito da colaboración familia escola!





Noraboa a tod@s. E grazas a Lola e aos seus compañeiros do IEO da Coruña por compartir a súa experiencia con nós.

lunes, 14 de mayo de 2018

"Alén do mar": Barcos de defensa

Dentro do PDI o alumnado de 5º e 6º centrouse nos barcos: A súa construcción, os barcos ao longo do tempo e neste terceiro trimestre están a estudar a utilidade dos barcos na actualidade.
Hoxe tiveron a sorte de contar con Alberto Barral, familiar duns compañeiros de 5º. Alberto explicolles o uso dos barcos de defensa na Armada.

Agora xa saben que existen diversos tipos de barcos especializados en diferentes misións e usos. Que os barcos de defensa non só serven para actuar en guerras, senón que tamén existen buques-escola, oceanográficos, loxísticos... 


Tamén puideron ver unha travesía moi perigosa, de camiño a Canadá, na que o buque tivo que sortear ondas xigantescas.



 Transmítennos parte desta experiencia pois  Alberto compartiu amablemente a súa presentación para achegar a todos nós o vivido esta mañá na biblioteca.




Ollade algunha imaxe da charla.






Aquí queda un enlace coa páxina da Armada que nos recomendou Alberto. Nela podedes atopar moitísima información. Premede na imaxe!



Grazas a Alberto e a todas as familias que están a colaborar na marcha do Proxecto de Centro.

miércoles, 9 de mayo de 2018

Érica Esmorís fálanos de" Ulises e as cronoamigas"

Xa chegou o día en que o alumnado dos clubs de lectura de 5º coñeceron á autora de "Ulises e as cronoamigas".  Érica estivo con nós esta mañá.






























O alumnado de 5º A e B que traballou con Mª Jesús e Mari dende xaneiro falando, lendo, debuxando, debatendo,...sobre o libro agardaban con moita ilusión pola visita da escritora, e ela non defraudou as súas espectativas.



Faloulles de como comezou a escribir, porque elexiu as personaxes do libro, en quen se inspirou...Veu os traballos da rapazada dos clubes de lectura, asinou oa libros...
Que mañá tan estupenda, ollade máis imaxes.!






martes, 8 de mayo de 2018

Sesión de contacontos para 1º e 2º

O pasado venres, 4 de maio, o alumnado dos primeiros cursos de Primaria recibiu a Iago López. Un contacontos ben querido e coñecido  pola rapazada de 1º e 2º . Aínda lembran á fabulosa presentación de " O Cociñeiro Martiño" do pasado curso e xa lles tarda que veña Iago a nos presentar a segunda parte da súa obra " O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas". Desta volta dinamizou a actividade a partir de contos populares.







Iago López Santos (Ourense 1977) é mestre en Educación Infantil e contacontos. No seu tempo libre dedícase ao mundo do teatro como actor e director en grupos como “Marañao” ou “Chéspir teatro”. Como autor de literatura infantil publicou os álbums “O cociñeiro Martiño” (Xerais, 2016) e "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas" (Xerais, 2018), ambos os dous ilustrados por Macús Romero. Vén ao noso cole convidado por Güino e por xentileza de Xerais.


Moitas grazas Iago e parabéns a 1º e 2º pola boa acollida e aproveitamento desta actividade!





lunes, 7 de mayo de 2018

Letras Galegas 2018

Benvid@s un ano máis ás actividades desta Festa da Lingua. Este ano "Letras Galegas en feminino", pois están adicadas a María Victoria Moreno.

Güino atopou unha liña do tempo ben completa que fixo a rapazada do IES San Paio de TUI. Premede na imaxe e veredes que información  sobre a autora, a súa vida e obra. Ainda que para saber moito máis da obra o cartel constelación. 







Ademais no blog de  Dinamización da Lingua Galega do noso cole , "A Casqueira", atoparedes presentacións,  xogos interactivos, e outros recursos educativos  que achegaranvos a un coñecemento máis profundo de Mª Victoria Moreno

http://normalizacioncouceiro.blogspot.com.es/2018/05/letras-galegas-2018-recursos-educativos_2.html


E como na nosa terra toda boa festa ten a súa cantarela aquí queda unha poesía de Mª Victoria Moreno musicada por "Fuxan os Ventos"e a "Brinca Vai" coa cantiga que cada curso pecha o noso Festival das Letras Galegas "Meu o mundo é". 
Ide practicando!!!















Agardamos por todos vós o 16 de maio no FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS, onde ademais da homenaxe á vida e obra de Mª Victoria Moreno, leranse as poesías finalistas do X CERTAME DE POESÍA COUCEIRO FREIJOMIL e entragaranse os premios.

miércoles, 2 de mayo de 2018

Visítanos María Canosa

Mañá 3 de maio é un gran día para os clubs de 6º. Achégase á nosa escola María Canosa a autora de  MURIEL o libro que están a ler coa axuda das profes Lydia e Marina.

Preme na imaxe!


Están espectantes ante a chegada da autora que encheu o seu maxín coas personaxes de Muriel, o raposo, o leiteiro,...Teñen moita curiosidade por coñecer máis da súa obra e teñen preparada a acollida, cartaces, preguntas, libros para asinar...


Aquí tedes a  Brais e Claudia  que nos falan de Muriel.










Que entusiasmo, non? Seguro que mañá descubren cousas novas de Muriel e de María Canosa.

Moitas grazas a María por compartir hoxe, 3 de maio, con nós a xénese da súa obra: Como naceron as personaxes, por que xusto un raposo e un leiteiro e non outro animal ou unha leiteira, a razón de elexir xusto ese marco para a historia e non calquera outro lugar ou tempo e sobre todo MURIEL, un neno coma nós, díxonos María.
E noraboa ao alumnado do club de lectura, que preguntas tan aqueladas, que actitude tan madura e respectuosa e que bos anfitrións para a nosa convidada.

Ademais de falarnos do nacemento do libro e respostar ás nosas dúbidas e curiosidades a autora asinounos e adicounos os libros e veu os traballos gráficos do club. Aquí quedan as imaxes!