Hoxe tivemos a última charla do ciclo "Tipos de barcos", en colaboración coas xentes do mar que se acercaron á nosa biblioteca para que o alumnado de 5º e 6º coñecera os diferentes de barcos que hai na actualidade..
O día de hoxe foi especial pois Manolo, o Patrón Maior da Confraría de Pontedeume, amosounos os barcos que atracan ao pé da nosa escola , que pescan, cando, canto, onde, como..
.
Trouxonos fotos antigas da descarga do peixe en Pontedeume e unha foto actual da pesca do cerco, arte que utiliza no seu barco.
Mirade nun dos traballos elaborados a partires da charla o contido do tratado esta maña por Manolo, que , por certo, estudou no noso cole ata os 14 anos.
Texto sobre a charla do Patrón Maior. |
Xa sabemos motísimo máis dos barcos que están no peirao a carón da nosa escola!!!
GRAZAS MANOLO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario