A rapazada do Couceiro tomou en serio o de vivir nunha vila mariñeira .
Este ano o Carnaval xirou arredor do mar e dos profesionais do mar. Protagonizaron as diferentes comparsas.submarinistas, peixeir@s, mariñeir@s etc.
Para abrir boca o
"Esqueleto Manolo" cos seus mandadiños fixo que tod@s, día a día, nos converteramos en mariscadores e mariscadoras.
Que sabio este Manolo con esta pequena homenaxe a moitos pais e nais do cole que traballan na marea!
Mentres nas aulas íanse elaborando os disfraces, e ensaiando as cantigas e bailes.
Ollade os dípticos coas letras das cancións que se lle entregaron ás familias que nos acompañaron no Festival do Antroido.
Magoa que o venres o tempo non acompañara e non poideramos facer o "pasarúas" pola vila , mais a mal tempo..
Ruada non houbo; pero que ben o pasamos no desfile polo corredor e nas actuacións das comparsas no pavillón!
Acompañados polos saltimbanquis que mandou o Concello, por un grupo de pais e nais a modo de charanga abrindo o desfile e por un público entregado, festexamos o Antroido baixo teito.
Despois de tanto movemento repuxemos forzas nas aulas con a degustación das diferentes sobremesas propias do Antroido Eumés achegadas polas familias.
Ademais degustamos as conservas de coco que posúen unposto moi signifecativo dentro dos doces criollos venezolanos, achegou esta sobremesa unha familia recen chegada de Venezuela.
E mentres celebramos o Entroido nas nosas casas, lembrade preparar o loito polo fin da festa.
O xoves
queimamos o Antroido mentres choramos a súa morte cantando a cantiga tradicional de Pontedeume:
XA MORREU!
Grazas a toda a Comunidade Educativa pola súa participación entusuasta!