Un ano máis festexamos na nosa escola o nacemento da máis grandes das escritoras galegas.
Premede na imaxe para acceder á información sobre a autora e a súa obra no blog "A Casqueira" do EDLG
Este ano dende a Biblioteca organizamos un pequeno acto coa adaptación dun libro dos Bolechas recén chegado aos nosos andeis.
Neste libro algúns dos poemas máis coñecidos do libro Cantares Gallegos, de Rosalía, serve para achegarnos a unha das poetas máis importantes do mundo. Nel, a autora denuncia a emigración forzada e a tristura deses emigrantes que teñen que deixar todo “canto ben queren” sen saber se volverán velo algún día.
Os axudantes de Güino adaptaron este libro e na Hora de Ler do venres, en tres actos simultáneos, leron e recitaron para todo o colexio.
Ollade nas imaxes que ben o fixeron os narradores e que público tan entregado.
<
No hay comentarios:
Publicar un comentario