miércoles, 19 de diciembre de 2012

Güino recomenda este Nadal...

Como cada ano, Güino e todos os seus colaboradores temos preparada unha selección das mellores lecturas coas que podedes pasar un bo rato en familia, amigos ou de manera individual.



Esperamos que vos gusten moito!!!
(Podedes ver a presentación a pantalla completa premendo no icono de abaixo á dereita)

Aproveitamos para desexarvos un bo Nadal e unha moi boa entrada no novo ano 2013!!

FELICES FESTAS!!

viernes, 14 de diciembre de 2012

12 do 12 do 2012...ás 12...

O 12 do 12 do 2012...ás 12  todo o alumnado e profesorado do centro reuniuse para lembrar, o mesmo que fixeron moitos outros centros de toda Galicia,  a un dos grandes das letras galegas, CELSO EMILIO FERREIRO
O obxectivo era recitar a poesía "DEITADO FRENTE AO MAR" no centenario do nacemento do escritor,  e nós fíxémolo a ritmo de rap. 
Gustou moito tanto aos máis pequenos coma aos maiores. 

Por e para sempre,...CELSO EMILIO.

lunes, 3 de diciembre de 2012

Ler para ver...

Os pasados 9 e 10 de novembro tiveron  lugar no PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS  de Santiago de Compostela  as IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA baixo o lema LER PARA VER

Asistiron a estas xornadas máis de 1.100 mestras e mestres de toda Galicia, moitos deles integrantes dos diversos equipos das bibliotecas escolares. Participaron diversos ponentes como Fabio Tropea  (Ler entre liñas. Estratexias de lectura crítica), Miguel Vázquez Freire (Linguaxe audiovisual e biblioteca escolar), Tiscar Lara Padilla (Medios de comunicación, aprendizaxes dixitais e bibliotecas escolares), Luís González Martín (Lectura no século XXI e biblioteca escolar)... e tiveron lugar varias MESAS SIMULTÁNEAS  coa participación de responsables das bibliotecas de diferentes centros de Galicia. 
O noso centro foi convidado pola ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES  a participar na mesa sobre a UTILIZACIÓN DA PRENSA NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES xunto co ponente Jesús Garrido de PRENSA ESCUELA  de LA VOZ DE GALICIA e o IES GREGORIO FERNÁNDEZ  de Sarria (Lugo). 
A nosa participación consistiu en expoñer aos asistentes as liñas de traballo coa prensa na aula que realizamos ao longo de todo o  curso no terceiro ciclo de primaria dentro do programa PRENSA ESCUELA,  liñas que naceron dentro do tempo HORA DE LER e que progresivamente van incidindo en contidos curriculares.

domingo, 25 de noviembre de 2012

Día da Biblioteca...como non!!

O 24 de outubro foi o DÍA DA BIBLIOTECA. 

Nós, como non poidemos celebralo nesas datas por mor das obras de pintura realizadas na biblioteca, non queríamos deixar pasar esa data así,sen máis. 

Decidimos que tan pronto como rematasen as obras,  e a biblioteca estivese de novo aberta,dedicaríamos uns días para a celebración, e vaia se o celebramos....Realizáronse varias sesións de contacontos na HORA DE LER  ás que asistiu  todo o alumnado do centro... Pasámolo xenial!!!











jueves, 22 de noviembre de 2012

Que fermosa!!!

Sí, que fermosa quedou a nosa BIBLIO grazas ao traballo de ITO, un artistas de CENTROÑA que traballou arreo e ben para que a biblioteca estivese o menor tempo pechada e,  en poucos días,  cambioulle a cara  e encheu as súas paredes de maxia e ledicia permitindo que a nosa biblio se convertise nun verdadeiro XARDÍN DO PASATEMPO

Benvid@s de novo a tod@s á biblio  e a seguir disfrutándoa.  Despois deste alto que nos tivo  uns días "parados" continuamos con máis ánimo e enerxia que nunca para ofrecervos actividades  de dinamización desde O NOSO XARDÍN....

domingo, 14 de octubre de 2012

Biblioteca escolar, acelerador de innovación.


Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro) e que xa chegou á nosa biblioteca permanecendo exposto na entrada da mesma. 

Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide,  que vén de  sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado neste tema co  obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca.



miércoles, 26 de septiembre de 2012

Benvidos a un novo curso!!

Dende Bibliocouceiro queremos darvos a benvida a un novo curso, no que esperamos haxa moitas actividades, moitas aventuras e sobre todo moitas, moitas lecturas!!



E para empezar queremos deixarvos unhas claves para crecer como bos lectores, que vos parecen??

sábado, 23 de junio de 2012

Bo verán, boas lecturas!!

O curso remata xa, e chega o esperado verán, e as ansiadas vacacións...
Dende Xardín do Pasatempo queremos recomendarvos algúns libros e contos que parécenos que vos gustarán e poden encher de aventuras estes días de verán...
Gozade das vacacións, e lembrade voltar en Setembro!!

lunes, 28 de mayo de 2012

IV Concurso de poesía Couceiro Freijomil

O pasado venres 18 de maio celebramos no noso colexio o festival das Letras Galegas, e unha parte moi importante desta celebración reservouse para a gran final do IV Concurso de Poesía Couceiro Freijomil. Moitos rapaces e rapazas do centro presentaron as súas creacións, todas xeniais, e o xurado escolleu as que ao seu parecer eran as tres mellores de cada ciclo. Isto non resultou nada, nada sinxelo porque no Couceiro temos verdaderos artístas!! Así que antes de nada máis todo o equipo da biblioteca, en representación de todo o profesorado, queremos felicitaros a todos e animarvos a seguir participando. No acto os finalistas de cada ciclo leron as súas poesías, e con moita tensión e animos do publico proclamáronse os gañadores que son:

  • Premio colectivo ao alumnado de Infantil por "Pontedeume". Visitade os blogs para ver a actuación.
  • 1º premio do 1º ciclo: Miguel de 2ºB por "Non podo vivir"
  • 2º premio do 1º ciclo: Carlota de 1ºB por "As Fragas do Eume"
  • 3º premio do 1º ciclo: Rosalía de 1ºA por "O meu avó"
  • 1º premio do 2º ciclo: Noelia Negreira de 4ºA por "O mar e a estrela"
  • 2º premio do 2º ciclo: Sara Rubido de 3º por "O demo"
  • 3º premio do 2º ciclo: Antón Correa de 4ºB por "As estacións do ano"
  • 1º premio do 3º ciclo: Paula Artabe de 6ºB por "No mundo..."
  • 2º premio do 3º ciclo: Carlos Sueiras de 6ºA por "A noite de Nadal"
  • 3º premio de 3º ciclo: Sara Allegue de 5ºB por "Muller"
(premede sobre a imaxe para desfrutar das poesías a pantalla completa)

Moitas grazas a todos por participar con tanta ilusión no noso xa famoso concurso!!

miércoles, 9 de mayo de 2012

Contacontos para o 1º ciclo

Hoxe a nosa biblio tivo unha visita: Iago, un contacontos da editorial Anaya.

Iago fixo que os rapaces e rapazas do 1º ciclo de primaria o pasaran en grande e participaran das historias que el contou: "A princesa Sabela" e "O souto escuro e perigoso". Moitas grazas Iago por animar as nosas lecturas!!

Gustouvos a experiencia??

Celebramos os Maios no cole

O pasado luns, 31 de Marzo celebramos no cole a tradicional festa dos Maios.
Todos os nenos e nenas do Couceiro traballaron moito na construcción dos Maios e na preparación das cantigas.
Deixámovos aquí unha pequena selección das fotos deste día tan festivo e as cantigas de cada un dos ciclos.



Maios 12 - foto montaje


Premede sobre a publicación para poder vela máis grande.

Que vos pareceu o traballo?

martes, 8 de mayo de 2012

Roteiros polas bibliotecas Plambe


Os roteiros que realizan os  coordinadores das BIBLIOTECAS DE FERROLTERRA chegaron ao Couceiro. O pasado 25 de abril celebramos a reunión mensual na nosa "biblio" e compartimos un rato moi agradable as mestras e mestres que traballamos  nas distintas bibliotecas da nosa bisbarra. Repasamos a actividade das biblios, falamos da reunión do PLAMBE en Santiago e fixamos unha data para a entrega da segunda parte do traballo COÑECERNOS PARA QUERERNOS,  que será o 30 de maio no CEIP DE ATIOS en  VALDOVIÑO. Recibimos  parabéns de tod@s pola nosa biblioteca  e agasalláronnos cun fermoso álbum ilustrado, AVEZOO,  que está exposto na nosa biblio para que o disfrutedes tod@s.  Fixémoslles entrega, a cada un dos centros presentes na reunión,  dun dos GÜINOS  creados por vós   nas aulas do noso colexio. Gustou moito a idea e déronnos moitos parabéns para todos vós polos traballos realizados.




Se pinchades sobre o GÜINO de arriba veredes unha fermosa presentación da visita que realizou  a nosa  compañeira LOLY LAGO,  do IES DE FENE ,e publicada no blog da súa biblioteca O SEGREL DO PENEDO.

jueves, 3 de mayo de 2012

Os carteis de Güino

Hai uns días todo o alumnado do cole participou nunha actividade plástica con Güino como protagonista. Fixemos uns carteis para regalar aos coordinadores das bibliotecas do grupo Ferrolterra que visitaron o noso centro.
Seguro que gustaron un montón porque xa podedes ver que cousas tan chulas poden facer os rapaces do Couceiro, cunha mesma plantilla e moita imaxinación...


Que contento está Güino rodeado de tanta arte!!

miércoles, 2 de mayo de 2012

Contacontos en Infantil

Ao longo de todo o curso o  alumnado de quinto e sexto de primaria acude, durante a HORA DE LER, ás aulas  de E. Infantil para contarlles e transmitirlles as sensacións dos contos da biblicoteca aos mais pequenos do noso colexio. Os maiores elixen o conto, prepáranno durante a semana e o seguinte mércores, acuden con moitísima ilusión e gañas de participar na actividade,  creando un ambiente de comunicación e participación cos mais pequenos. 
Toda a actividade orquestrada polo EQUIPO  de DINAMIZACIÓN da LINGUA GALEGA.


martes, 24 de abril de 2012

Valentín Paz Andrade

Este ano o día das Letras Galegas, o 17 de maio, está adicado a Valentín Paz Andrade. Aquí tedes un libro interactivo co que aprender moitas cousas sobre a súa vida persoal e profesional.

Que vos pareceu?

jueves, 12 de abril de 2012

Historia do libro

Nestas últimas semanas tivemos no colexio a sorte de disfrutar da exposición itinerante  a HISTORIA DO LIBRO, realizada polo IES FERNANDO ESQUÍO DE NEDA e que recorre todos os colexios da zona PLAMBE-FERROLTERRA por iniciativa das súas bibliotecas. O alumnado do noso centro visitou a exposición con gran interés por investigar, por preguntar,...por aprender. Desde infantil aos maiores de primaria  o alumnado realizaou diversas actividades adaptadas a cada idade para facilitarlles a aprendizaxe e disfrutar coa exposición. Foi un claro exemplo de traballo colaborativo entre as bibliotecas do PLAMBE. Parabéns ao IES polo seu traballo e ao noso alumnado pola boa disposición nas actividades desenvolvidas.

Día do Teatro

Nestas últimas datas o alumnado do colexio está enfrascado nunha gran cantidade de actividades. Tocoulle o turno á celebración do DÍA MUNDIAL DO TEATRO que este ano cumple 50 desde a súa promulgación pola UNESCO. Nós celebrámolo do mellor xeito que sabemos, representando tres obras teatrais a cargo do alumnado de 2ºA, 2ºB e 5ºA e que terán continuidade ao longo do curso (LETRAS GALEGAS, FIN DE CURSO,...) e outras representacións  como a de LINGUA INGLESA que terá lugar nos vindeiros días.... Parabéns a tod@s  polo esforzo e polo traballo ben feito!!!
OBRA DE TEATRO 2ºA on PhotoPeach
 OBRA DE TEATRO 2ºB on PhotoPeach
 OBRA DE TEATRO 5ºA on PhotoPeach

lunes, 26 de marzo de 2012

Día da Poesía

O día 21 de marzo celebramos no noso centro o DÍA MUNDIAL DA POESÍA. Participaron todos os alumn@s do colexio e cada aula escolleu unha poesía para recitar, para representar, para cantar, para danzar,... . Polo escenario desfilaron as voces das nenas e nenos poñéndolle son e musicalidade a moitos versos e rendíndolle unha homenaxe aos poetas, ao mellor da literatura infantil e xuvenil galega. Foi un acto moi entrañable que quedou recollido no lema que presidiu o acto... "OLA POESÍA. BENVIDA PRIMAVERA"

martes, 13 de marzo de 2012

Día Internacional da Muller Traballadora

O xoves, 8 de marzo, celebramos o DÍA MUNDIAL DA MULLER TRABALLADORA. O concello de Pontedeume fixo unha proposta aos centros de INFANTIL E PRIMARIA  e cada colexio elaborou un traballo sobre unha muller que tivese relevancia na loita pola defensa da IGUALDADE ao longo da historia. O propio concello elaborou unha lista de persoeiros femininos da que o noso centro seleccionou a figura de Dna. EMILIA PARDO BAZÁN. Este traballo, xunto aos dos outros centros, quedou exposto na CASA DA CULTURA e formará parte dunha  exposición itinerante que recorrerá os catro centros participantes. Foi un traballo de investigación e recopilación de información e elaboración dos paneis por parte do alumnado do TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA recollendo catro aspectos fundamentais desta escritora: biografía, contexto histórico, feminismo e obra-citas-crítica. Os actos remataron cunha conferencia/coloquio co alumnado a cargo de Roxana Bolio Monge e coa temática da igualdade como fondo.

domingo, 11 de marzo de 2012

Visitounos Gonzalo Moure...

 O pasado 8 de marzo estivo connosco GONZALO MOURE,  escritor de literatura infantil e xuvenil con residencia en Asturias pero cidadán do mundo. Pasa longas temporadas no Sahara,  nos campamentos de refuxiados,  colaborando no proxecto BUBISHER e en temas relacionadas co fomento da lectura traballando con nen@s e xóvenes aos que lles inculca o amor e respecto hacia os libros. 


Como escritor é autor de numerosísimas obras como PALABRAS DE CARAMELO, CAMA E CONTO, MAÍTO PANDURO, NACHO CHICHONES, LOS GIGANTES DE LA LUNA... 


É o promotor do proxecto COÑECERNOS PARA QUERERNOS que as BIBLIOTECAS ESCOLARES DE FERROLTERRA realizan ao longo deste curso no entorno das comunidades educativas dos seus centros, realizando un intercambio de materias e que ten ao BUBISHER  como referencia e motivación.


No noso centro realizouse un encontro, primeiro co alumnado do CLUB DE LECTURA que leran o libro PALABRAS DE CARAMELO. Foi un encontro cheo de emocións e sensacións inesquecibles. Posteriormente reuníuse co alumnado do SEGUNDO CICLO de primaria para falar do libro CAMA E CONTO que traballaron nas aulas respectivas durante a HORA DE LER. En ambalasdúas reunións a comunicación, as reflexións e o achegamento ao pobo saharaui foron as notas predominantes. 


Grazas GONZALO!!!


martes, 7 de febrero de 2012

O contacontos de Kalandraka

Hoxe a nosa biblioteca encheuse de ritmo, música, risas... e moitos, moitos contos.
Visitáronnos Patri e Alex, vellos coñecidos do noso cole, os contacontos da Editorial Kalandraka, para presentarnos algúns dos seus contos aos nenos e nenas de 4 e 5 anos.
Nesta ocasión "A familia C", "O mago Goma" e "Pancho" foron as historias, que entre música de acordeón, frautín, pitos, pandeireta... encheron a nosa biblio de máxia e vida.
 Todos o desfrutamos moito, só fai falla vernos as caras, verdade?



lunes, 6 de febrero de 2012

Coñecernos para querernos...

Baixo o lema COÑECERNOS PARA QUERERNOS,  as BIBLIOTECAS ESCOLARES DE FERROLTERRA están levando adiante un traballo colaborativo cos nenos e nenas que viven nos campamentos de refuxiados do SAHARA. Para coñecernos un pouquiño máis, o alumnado que participa no CLUB DE LECTURA do terceiro ciclo de primaria elaborou un traballo, fundamentalmente visual, no que se mostran  distintos aspectos da vida cotiá do  noso colexio e algunhas das actividades que se realizan ao longo do curso. Este traballo foi enviado aos campamentos, xunto cun lote de material escolar,   que agora vos presentamos.

lunes, 30 de enero de 2012

Día da Paz e a non violencia


Hoxe, día 30 de xaneiro, data do aniversario da morte de Mahatma Gandhi (1869-1948), celébrase o "Día escolar da non violencia e da Paz" (DENIP) e nesta data o proxecto "Coñecernos para querernos" que estamos a levar a cabo cos rapaces e rapazas dos campamentos de refuxiados sahararuis en Tinduf fainos sentir, se cabe, máis preto de todos aqueles que como eles están a ser vítimas desas guerras esquecidas, eses conflitos ignorados pola comunidade internacional.
Cando eliximos este título para o noso proxecto, fixémolo convencidos do que ese "lema" significaba, fixémolo con plena conciencia do noso obxectivo principal, coñecer a quen está a loitar polos seus dereitos e, na medida das nosas posibilidades, loitar para que eses dereitos algún día, non moi lonxano, sexan recoñecidos pola comunidade internacional e ese exilio ao que levan sometidos 35 anos cese dunha vez e consigan acadar ese acordo definitivo de paz que permita a libre determinación do pobo saharaui.
Hoxe, día da Non Violencia e a Paz, as bibliotecas escolares do Plambe-Ferrolterra implicados, a través do Bubisher, neste fermoso proxecto "Coñecernos para querernos" queremos berrar alto e forte "Basta Xa!"