jueves, 26 de mayo de 2016

Caramuxo Teatro presenta... Pavillón Lino

Onte o noso pavillón transformouse noutro moi especial, o "Pavillón Lino".

"Pavillón Lino" é a nova proposta escénica de Caramuxo Teatro para toda a familia.

Tres actores,Juan Rodríguez, Laura Sarasola e Xosé Vilarelle,  foron os encargados de darlles vida a un sinfín de personaxes que desfilaron polo escenario caracterizados con unas máscaras moi especiais.


Este espectáculo nace para homenaxear o “Pavillón Lino” da Coruña, un dos primeiros espazos culturais da cidade, de estética modernista e adicado a todo tipo de actividades artísticas: teatro, cine, baile, monicreques, cómicos, autómatas... que tivo un tráxico e repentino final xa que desapareceu por mor dun incendio en 1919.


Foi unha trepidante comedia de variedades cunha coidada posta en escena,na que desfilaron unha morea de pintorescos personaxes, e que puideron gozar os nosos alumnos e alumnas de Primaria.

martes, 24 de mayo de 2016

VIII Certame de Poesía Couceiro Freijomil

O pasado venres no colexio celebramos a final do VIII Concurso de Poesía Couceiro Freijomil.

Foron uns días con moita arte, nos que nas distintas aulas  fixéronnose creacións moi bonitas, orixinais, simpáticas, amorosas...

Tras unha dificil decisión do xurado, durante a celebración desveláronse os finalistas de cada ciclo, que leron para todos as súas creacións.

Todas foron moi aplaudidas , pero os gañadores foron...

  • Premio especial: Nenos e nenas de EI por "Galicia"
  • Gañador do 1º ciclo: Andrés Tenreiro Garabana de 2º A por "Eu son Andrés
  • Finalista do 1º ciclo: Iago Medel Cendán de 1º A por "Un día vin...
  • Finalista do 1º ciclo: Paulo Díaz Rodríguez de 1º A por "Eu traio
  • Gañadora do 2º ciclo: Manuela López Lesta de 4º B por "Un bonito paseo
  • Finalista do 2º ciclo: Lidia Chapel Fernández de 3º A por "A tenda de todo
  • Finalista do 2º ciclo: Pelayo Medina Marinas de 4º A por "A primavera
  • Gañadora do 3º ciclo: Sara Ríos Criado de 6º B por "A política
  • Finalista do 3º ciclo: Ariadna Pico Prieto de 5º A por "O alegre coelliño
  • Finalista do 3º ciclo: Álvaro Crespo Fernández de 6ºA por "O namorado
 Deixámosvos a mostra destas obras de arte para que desfrutedes coma nós da creatividade dos nosos alumnos.


Dende logo é moi necesario aplaudir a implicación e traballo de todo alumnado do colexio, xa que cada ano é  máis complicado para o xurado tomar un decisión.

Noraboa a todos os participantes, e a seguir creando!!!

Letras Galegas 2016

Este ano o día das Letras Galegas está adicado ao poeta outeirés Manuel María.

No noso centro xa levamos un tempo facendo a nosa pequena homenaxe ao autor, xa que moitas das actividades que temos realizadas xiran en torno a el.

Co comezo do ano, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fíxose un pequeno concurso entre o alumnado de 5º e 6º de primaria que presentou debuxos baseados nas obras de Manuel María. Todos os traballos presentados foron estupendos, pero escolléronse tres cos que ilustrar os calendarios do ano 2016.



Ademáis, como xa sabedes, tamén adicamos o Día da Poesía as obras do autor indo a recitalas polas rúas da vila.

Os actos da conmemoración do Día das Letras Galegas comezaron o mércores 18. Durante esta semana entramos na escola escoitando os poemas musicados de Manuel María e o recitado de poemas dos que se encargaron os membros do equipo directivo.

O venres, no acto principal, o alumnado de 6º de primaria encargouse de presentarnos a vida e obra do autor a través duns traballos plásticos que realizaron na aula.





Despois deste acto, e descansar un poco no patio, saímos a entrada do cole para rematar a actividade proposta polo Equipo de Dinamización,  "Conserva a túa palabra". Trátase de facer unha cápsula do tempo na que soterramos un libro feito coas palabras galegas favoritas de cada quen. Quizais os vosos netos descobran dentro de moitos anos que ao seu avó gustáballe a palabra "vagalume" ou a súa bisavoa "grazas".

Na biblio temos unha copia deste traballo conxunto para que poidades buscar a vosa palabras descobrir cal é a palabra favorita dos compañeiros.




jueves, 19 de mayo de 2016

Encontro con Érica Esmorís

Onte, a nosa biblioteca encheuse de novo de vida, de historias e de auga salgada para recibir a Érica Esmorís, autora de Nena e o mar, obra á que o alumnado de 6º de primaria adicou este ano o seu clube de lectura.


Foi unha visita moi esperada, na que a autora comentou como foi o proceso de creación da obra, dende o inicio da idea ata o remate final coas ilustracións de Dani Padrón. 

Tamén comentou que trátase dun libro musicado, de feito a súa parella, coa que comparte predilección pola persoaxe do fareiro, compuxo unha canción para o seu traballo. 

Por suposto, tivemos tempo para facerlle moitas preguntas e para que nos adicase os nosos exemplares da obra. 





Moitas grazas Érica por adicarnos este ratiño!

miércoles, 11 de mayo de 2016

Contos e música

Onte a nosa biblio recibiu a Patri e Alex, os contacontos da editorial Kalandraka que, como cada ano achegan aos peques do cole as súas fantásticas historias.


Comezamos coñecendo a un pequeno raposo en "Despois da chuvia", un conto estupendo que ademáis conseguiu o ano pasado o premio ao mellor albúm ilustrado. Unha delicia para todos os sentidos!

E logo continuamos cun clásico que nunca defrauda,  "A que sabe a lúa?", e máis tan ben acompañado pola música de Alex!
Este conto sempre é un triunfo, ademais lévanos a unha importante reflexión: con esforzo e axuda dos amigos todo é posible!!




Moitas grazas Patri e Alex por achegarnos estas fantásticas historias dunha maneira tan musical!!

Ata a próxima visita!!


martes, 10 de mayo de 2016

Encontro con María Canosa

Hoxe visitou a nosa biblioteca María Canosa, autora do libro "Druídas" que está a ler o alumnado de 5º no clube de lectura.
 


Os rapaces non só falaron deste libro, sino que comentaron con María outros das súas obras, como as coleccións de poemas "Acuario", e "Acuario 2". 

Foi un encontro cheo de preguntas, curiosidades, inquetudes... cunha gran participación por parte do alumnado e unha estupenda invitada, coa que puideron falar de maneira moi cercana sobre o seu traballo. 
E tamén hubo tempo para, como non, adicar uns cantos exemplares!!

Moitas grazas María por compartir connosco estes ratiños!!


miércoles, 4 de mayo de 2016

O Maio aquí ven...

Un ano máis, coincidindo co comezo do mes de maio, ten lugar no noso centro a celebración dunha das festas con máis arraigamento do ano, a celebración dos MAIOS.

A celebración desta festa comeza coa aportación das familias dos elementos ornamentais (verde, flores, laranxas,...) que van formar parte do maio.

O xoves 28 de abril comezou o traballo e os maios comezaron a encherse de verde, fiuncho, xestas, tuias... cubriron os armazóns.
O venres completouse o traballo coas distintas flores, laranxas bravas, ovos...

Neste gran traballo colaboramos, man a man, alumnado, mestres e as familias.

Grazas a todos eles este ano elaboramos 3 maios, un en Infantil, "O Maio Colorido", un no 1º e 2º ciclo de primaria "A galiña choca", e outro no 3º ciclo de primaria, "O Maio en flor".

Nos días previos as diferentes aulas céntranse na elaboración das cantigas que acompañarán aos maios. As cantigas do maio teñen unha letra orixinal e a música pode ser orixinal ou adaptada de composicións populares.


Cando xa está todo rematado, celébrouse un desfile no colexio coa interpretación das cantigas.





Pero a festa non remata aquí, continúa coa participación, o 1 de maio, na vila xunto cou outras asociación e agrupacións na festa organizada polo concello.

O alumnado do 3º ciclo saíu a rúa pola mañá co seu Maio Florido, acompañadas polos seus  mestres, para encher a vila de cor, música e ledicia!

Xa pola tarde, alumnos, familias e mestres acudiron ao centro para levar os nosos maios pola vila e chegar ao concurso do Concello, onde acadamos dous 3º premios!!


Parabéns a tod@s!!!

lunes, 2 de mayo de 2016

Visitamos a Biblioteca do Concello

Durante as pasadas semanas do mes de Abril, como xa ven sendo tradicional, e dentro da programación de actividades relacionadas coa celebración do Día do Libro,  o alumnado de 4 e 5 anos, 1º e 2º ciclo de primaria acudiu a Biblioteca do Concello, invitados por Alexandre, para participar nun contacontos.

Foron varios os contos que Alejandro escolleu para o noso alumnado: Rosa Caramelo, Señorita Pluma, O meniño Nito, Entón os homes choran ou non?. Todas elas historias fermosas e cheas de contido.

                                                







Como sempre, un placer para todos escoitar estas historias tan fantásticas coa voz dun experto narrador.
Moitas grazas Alexandre!!