Onte o noso pavillón transformouse noutro moi especial, o "Pavillón Lino".
"Pavillón Lino" é a nova proposta escénica de Caramuxo Teatro para toda a familia.
Tres actores,Juan Rodríguez, Laura Sarasola e Xosé Vilarelle, foron os encargados de darlles vida a un sinfín de personaxes que desfilaron polo escenario caracterizados con unas máscaras moi especiais.
Este espectáculo nace para homenaxear o “Pavillón Lino” da Coruña, un dos primeiros espazos culturais da cidade, de estética modernista e adicado a todo tipo de actividades artísticas: teatro, cine, baile, monicreques, cómicos, autómatas... que tivo un tráxico e repentino final xa que desapareceu por mor dun incendio en 1919.
Foi unha trepidante comedia de variedades cunha coidada posta en escena,na que desfilaron unha morea de pintorescos personaxes, e que puideron gozar os nosos alumnos e alumnas de Primaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario