lunes, 28 de octubre de 2024

CAIXAS TERRORÍFICAS

 Hoxe deixei as caixas terroríficas nos corredores do colexio para que os nenos e as nenas poidan ler estes días libros coa temática de terror. 


Recordade que o mércores na Hora de Ler faremos "Lecturas ás escuras".

Que pasedes uns días terroríficamente divertidos!!! Boooooooo!!!
Güino

XA COMEZARON A VIAXAR AS MOCHILAS

Xa iniciamos coa actividade das Mochilas Viaxeiras.

No seu interior hai libros en galego, en castelán, en inglés e algún en francés. Tamén levan revistas e xornais. Como sempre van acompañados dun caderno para que o alumnado poida debuxar o escribir o que máis lle gustou e unhas normas de uso.


jueves, 24 de octubre de 2024

SEMANA DE ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL


 

ENTREGA DE MOCHILAS VIAXEIRAS E PRESENTACIÓN PDI

Preparamos un horario para que o alumnado de cada aula poida pasar a recoller a Mochila Viaxeira e así comezar o seu préstamo.

Aproveitamos este momento para presentar o PDI deste curso "MERGÚLLATE NA CIENCIA".

Xa vos contarei que ben o pasamos.


PRESENTACIÓN AO ALUMNADO O PDI "MERGÚLLATE NA CIENCIA"


Queda preparado o stand para presentar unha nova personaxe no noso cole, unha científica moi interesante. Chámase Bolboreta Pipeta. Escribiume unha carta moi especial,  fíxome unha solicitude de facer chegar á rapazada a CIENCIA. Déixovos a súa carta e moitos libros para que decidades se podemos axudala.


miércoles, 23 de octubre de 2024

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Este ano celébrase o Día das Bibliotecas baixo o lema "Por un futuro sostible".


Pódese ver máis información na web do Día das Bibliotecas 2024

lunes, 21 de octubre de 2024

CAIXAS TERRORÍFICAS

 Achégase o Samaín e no "Xardín do Pasatempo" xa están listas as caixas terroríficas para poder ler durante a quincena comprendida entre o 28 de outubro e o 8 de novembro.



ESCOLA DE VOLUNTARIADO

Como os cursos anteriores, o alumnado de 5ºEd. Primaria recibiu a convocatoria, da man de Güino, para formar parte do voluntariado do "Xardín do Pasatempo".
No mes de setembro foron formados os voluntarios e hai dúas semanas en pequenos grupos colaboran con Güino na tarefa de ter os libros ben colocados nos andeis de Bibliocouceiro.

miércoles, 2 de octubre de 2024

COMEZOU A RECREOTECA

 Xa estamos en outubro e, como todos os curso, Bibliocouceiro abre as súas portas para todo o alumnado durante o tempo do recreo. Podedes vir visitala. 

Hai nenos e nenas que xa estiveron por alí. Algunhas lendo contos divertidísimos.









Tamén na RECREOTECA











Outros fedellando con distintos xogos.











Vide pronto!!! Bicos.

lunes, 16 de septiembre de 2024

INICIAMOS UN NOVO PROXECTO NESTE CURSO 24/25

 Benvidos e benvidas de novo Couceiristas

Despois de pasados os primeiros días de cole, anímovos a iniciar un novo proxecto neste curso cheo de aventuras, xogos, aprendizaxes e ... CIENCIA!!

Dende o XARDÍN DO PASATEMPO deixovos información sobre o PDI "Mergúllate na ciencia" aquí.


Vémonos axiña.

Bicos
GÜINO

sábado, 8 de junio de 2024

Exposición PDI

Estamos a piques de terminar outro curso. Despois duns meses cargados de traballo, queremos compartir con toda a comunidade educativa do noso centro os produtos das actividades realizadas nas aulas ao desenvolver o noso Proxecto Documental deste ano, que como sabedes virou ao redor dos Xogos Olímpicos. Esperámosvos nos nosos corredores.

Güino preparounos unha bonita invitación.

Vémonos!






viernes, 7 de junio de 2024

novidades mes de xuño

 dia do medio ambiente

miércoles, 5 de junio de 2024

sábado, 1 de junio de 2024

OBRADOIRO FAMILIAS

Vos propoñemos un obradoiro de animación á lectura de 90 minutos de duración, o venres 7 de xuño ás 17:00 horas, da man de Damián Alonso, actor de dobraxe e teatro, monogolista e contacontos, voz en Off e narración, formador Radio-Podcast, formador de teatro ...

Un obradoiro un chisquiño teórico, totalmente práctico e moi, moi pero que moi participativo.

Os obxectivos deste obradoiro son.

  •  Dar aos participantes as ferramentas necesarias para poder enfrontarse a calquera texto ou narración.
  • Aprender a usar o noso corpo para apoiar a historia.
  • Aprender a contar! A convertir calquera texto nunha historia marabillosa.





jueves, 16 de mayo de 2024

viernes, 3 de mayo de 2024

Lectura e familias mes de maio

 



Durante este mes, as nosas recomendacións xirarán sobre a CONVIVENCIA , con varios libros que vos poidan servir para seguir reforzando e traballando este contido dende o seo familiar. 


Coa colaboración familia- escola,  desenvolveremos nos nosos nenos e nenas a capacidade de relacionarse coas demáis persoa a través da comunicación permanente, basadada no afecto e na tolerancia que permiten convivir e compartir en armonía en diferentes situacións da vida.




jueves, 2 de mayo de 2024

NOVIDADES MES DE MAIO

Este mes presentamos dous novos libros que acaban de chegar á nosa biblioteca. Ambos os dous están relacionados co acoso escolar xa que este 2 de maio conmemórase o día internacional fronte ao acoso escolar e que esperemos que poidan axudar tanto ás familias como ao profesorado a abordar este tema cos nosos nenos e nenas.
  

O primeiro deles: "UN ZORRO EN MI ESCUELA" escrito por Oliver Dupín da editorial Juventud. 
Un libro escrito entre un pai e unha filla que narra a historia dun neno que ve ao lonxe un raposo xogando con outros nenos. Aínda que lle parece extrano, non se atreve a falar diso, xa que ninguén máis parece darse conta. Un día, ese raposo fálalle e búrlase del. A medida que pasan os días, o raposo transformase nun lobo e logo nun tigre. Empúrrao, quítalle as cousas,... o medo vai invadindoa súa vida cotiá.
É unha historia para falar do acoso escolar cos máis pequenos, cunha mensaxe clara e contundente:

  A ÚNICA MANEIRA DE PARARLLE OS PÉS AO ACOSO É ROMPENDO O SILENZO.




O segundo libro que presentamos céntrase na mesma temática pero está pensado para nenos e nenas un pouco máis maiores, para o terceiro ciclo de educación primaria. Titílase "SILENCIO" escrito por Fernando Llor da editorial Inuuk.

Un historia sobre o Bullying contada dende dous ángulos: dende o punto de vista da víctima e dendo o punto de vista da acosadora.

Por un lado Julia quere formar parte do equipo e ter amigas, un grupo que a  apoie. Pero cando Marina, a capitá do equipo, fai trampas nunha competición para conseguir a victoria, sabe que non pode calar, iso non está ben. Despois de contarllo á entrenadora e que todos saiban o que pasou, Julia deixa de ser Julia para converterse nunha traidora e chivata.

Por outro lado, Marina solo quere gañar, demostrar a todo o mundo que ela é a mellor. O equipo é a súa vida e aproveitarse de cada pequeno erro do xogo para conseguir a victoria non é o  mesmo que facer trampas, iso sábeo todo o mundo... menos Julia que fai que todo salte polos aires. A ollos da entrenadora, Marina é unha mentirosa e dun día para outro perde todo. Ten claro que non pode facer como si non pasase nada: Julia debe pagar polos seus actos.





LEMBRADE: A SOLUCIÓNS AOS PROBLEMAS QUE SE NOS PRESENTEN NON É MEDIANTE A VIOLENCIA, AS COUSAS SOLUCIÓNANSE FALANDO, DIALOGANDO E CHEGANDO A CONSENSO. TEMOS QUE POÑERNOS NA PEL DOS OUTROS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS PARA PODER ENTENDELOS MELLOR.
 

DIÁLOGO, EMPATÍA, AXUDA...







domingo, 28 de abril de 2024

viernes, 26 de abril de 2024

lunes, 22 de abril de 2024

Lectura e familias mes de abril



SEMANA DO LIBRO 





Do 22 ao 26 de abril ímos festexar a semana do libro. Dende o equipo de Biblioteca plantexouse a realización de...







QUÉ É UN BOOKFACE?

É realizar unha fotografía na que unha persoa (animal, cousa, o término vaise ampliando) se "funda" coa cuberta do libro, facendo coincidir a imaxe real coa imaxe da cuberta.

Algúns exemplos:








PARTICIPACIÓN DO CENTRO E DAS FAMILIAS:

Queremos extender esta proposta a todas as familias deste centro, de xeito que entre todos (profesorado, familias e alumnado) poidamos facer un mural sobre os libros presentados.

Bases para participar nesta iniciativa:

- Os libros teñen que estar adaptados á idade dos nenos e nenas que realicen os bookface.

- Os adultos tamén poderán participar. Recoméndanse libros educativos ou relacionados con este ámbito.

- Enviar as fotografías ao correo da biblioteca: bibliocouceiro@gmail.com




AGARDAMOS AS VOSAS PROPOSTAS ANTES DO 10 DE MAIO

sábado, 23 de marzo de 2024

pdi

 pdi 2º trimestre

jueves, 21 de marzo de 2024

sábado, 9 de marzo de 2024

viernes, 23 de febrero de 2024

ROSALIA DE CASTRO

 23 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALIA DE CASTRO


Hoxe conmemoramos o nacemento dunha das poetas centrais da nosa literatura! A autora de "Cantares galegos" ou "Follas Novas" tamén se converte nunha das bases da identidade galega.




Este ano, Güino convídanos a traballar os poemas de Rosalia de Castro dende hoxe ata o día da poesía para poder realizar unha recompilación entre todos. Tomando como base o libro: "Rosalia pequeniña" cada nivel terá que escoller un dos poemas que se atopan nel para traballalo na aula e facer unha presentación do mesmo para o resto dos compañeiros/as o día da poesía (21 de marzo).




Deixámosvos unha pequena biografía desta escritora.




jueves, 15 de febrero de 2024

TARDE DE CONTACONTOS

DENDE O XARDÍN DO PASATEMPO COMPRÁCENOS INVITARVOS

 A UNHA TARDE DE CONTACONTOS ESTE XOVES 22 DE FEBRERIO ÁS 16:30H


Esta sesión será levada a cabo grazas á colaboración de MARI CASCALLAR, antiga

compañeira e mestra neste centro.  Unha grande couceirista que quere seguir colaborando na 

educación dos nosos nenos e nenas.  


AGARDÁMOVOS A TODAS E TODOS NA BIBLIOTECA

" O XARDÍN DO PASATEMPO" .

viernes, 9 de febrero de 2024

entroido

 mandadiños

sábado, 27 de enero de 2024

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA




30 DE XANEIRO

DÍA ESCOLAR DA PAZ

E  A

NON VIOLENCIA

Este ano, decoraremos bolboretas que colocaremos nos ventanais da entrada do noso cole formándo o símbolo da paz-aros olímpicos. 

Que queremos dicir con isto? 

- Os nosos símbolos da paz relacionaranse coas cinco cores dos aros olímpicos, facendo referencia aos 5 continentes que participan nas olimpiadas xa que queremos que a paz chegue a todos os rincóns do mundo.
EKECHEIRIA (tregua olímpica) é un símbolo de valores pacíficos do olimpismo, nun intento de parar as guerras durante as celebración dos xogos olimpicos. Ten o seu orixe nas olimpiadas celebradas no 776 a.C na antiga Grecia coa finalidade de protexer aos participantes e visitantes durante o seu viaxe a Olimpia, durante a celebración dos xogos e na súa viaxe de regreso.  A primeira tregua olímpica moderna foi aprobada para os xogos olímpicos de inverno do 1994 en Noruega, para este xogos olímpicos de 2024 a asamblea xeral da ONU tamén aprovou o chamamento á tregua olímpica para estes Xogos.
Sería maravilloso que esta "tregua olímpica" se convertera nunha tregua permanente.


- Por que bolboretas? Existe unha bolboreta chamada MAGNEUPTYCHIA PAX descuberta no 2016 y bautizada con este nome como homenaxe ao proceso de paz que se levou a cabo en Colombia nesas datas e descuberta nunha das zonas de maior conflicto.
As bolboretas simbolizan o cambio, a transformación (facendo referencia á metamorfose que sufren elas dende que son larvas ata que se converten en mariposas). A comunidade educativa do Couceiro quere reivindicar a necesidade de cambio na nosa sociedade, para convertirse nunha sociedade que os conflictos se solucionen falando e non mediante a violencia, unha sociedade na que todos sexamos iguais sen importar a nosa cor de pel, a nosa lingua, as nosas crenzas,...

Que as nosas bolboretas voen por todo o mundo, transmitindo a nosa mensaxe:

QUEREMOS UN MUNDO SEN VIOLENCIA, NO QUE REINE A PAZ E A HARMONÍA. 


A continuación adxuntamos algunhas canción para acompañar os nosos cantos por un mundo mellor.








Deixamos tamén un poema de Rafael Alberti que transmite moi ben a nosa mensaxe, xa que queremos que a paz perdure e non sexa únicamente o día que se fala dela.

"¡Paz, paz, paz! Paz luminosa.

Una vida de armonía

sobre una tierra dichosa."

"Paz sin fin, paz verdadera.

Paz que al alba se levante

y a la noche no se muera."


lunes, 22 de enero de 2024

30 DE XANEIRO: DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ.



O 30 de xaneiro conmemoramos o día da non violencia e da paz nos centros educativos. Este ano, queremos facer participes ás familias nesta conmemoración mediante varias propostas que Güino nos realiza a toda a comunidade educativa:



 

Como levamos facendo estes últimos anos, realizaremos unha RECOLLIDA DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS para o banco de alimentos Rías Altas. 

Queremos dar un paso máis, ademáis de achegar alimentos a aquelas persoas que o precisan, queremos tamén alimentar a cultura. Para iso propoñemos o seguinte reto:

  SACA UN LIBRO Á RÚA.  

Dende o equipo de biblioteca convidámosvos a que collades un libro e busquedes un lugar tranquilo da vosa zona (un lugar que vos transmita paz, tranquilidade,...) e nos enviedes unha foto na que aparezades lendo ese libro, cun pé de fotografía no que nos indiquedes porque escollíchedes ese lugar. 

Con todas as fotografía recibidas, pretendemos facer un "plano" de Pontedeume que nos permita coñecer un pouco máis a nosa vila, saltando de páxina en páxina grazas aos libros.

Con esta iniciativa pretendemos achegar aos máis pequenos ao hábito lector, tamén ás familias. Seguro que se vemos a alguén lendo un libro na rúa, pódenos axudar a ter un chisquiño máis de ganas por ler nós un libro tamén.


AGARDAMOS AS VOSAS ACHEGAS!!


Visitade tamén as recomendación de Güino deste mes de xaneiro, relacionadas con esta temática.

lunes, 8 de enero de 2024

TARDES DE BIBLIOTECA

 





Queremos lembrar a toda a comunidade educativa que a nosa biblioteca está aberta polas tardes para poder visitala e gozar das mil e unha aventuras que se agochan nos andeis dela.  




Colle un libro e adéntrate no maravilloso mundo da fantasía, mantente informado na actualización coas nosas revistas, le o periódico, xoga cos legos ou os xogos de mesa que temos dispoñibles,... pasade  unha tarde entretida e enriquecedora tanto nenos e nenas como familias. 



O horario de apertura será de 16:00 a 18:00h de luns a  venres. AGARDÁMOSVOS!!