Este mes presentamos dous novos libros que acaban de chegar á nosa biblioteca. Ambos os dous están relacionados co acoso escolar xa que este 2 de maio conmemórase o día internacional fronte ao acoso escolar e que esperemos que poidan axudar tanto ás familias como ao profesorado a abordar este tema cos nosos nenos e nenas.
O primeiro deles: "UN ZORRO EN MI ESCUELA" escrito por Oliver Dupín da editorial Juventud.
Un libro escrito entre un pai e unha filla que narra a historia dun neno que ve ao lonxe un raposo xogando con outros nenos. Aínda que lle parece extrano, non se atreve a falar diso, xa que ninguén máis parece darse conta. Un día, ese raposo fálalle e búrlase del. A medida que pasan os días, o raposo transformase nun lobo e logo nun tigre. Empúrrao, quítalle as cousas,... o medo vai invadindoa súa vida cotiá.
É unha historia para falar do acoso escolar cos máis pequenos, cunha mensaxe clara e contundente:
A ÚNICA MANEIRA DE PARARLLE OS PÉS AO ACOSO É ROMPENDO O SILENZO.
Un historia sobre o Bullying contada dende dous ángulos: dende o punto de vista da víctima e dendo o punto de vista da acosadora.
Por un lado Julia quere formar parte do equipo e ter amigas, un grupo que a apoie. Pero cando Marina, a capitá do equipo, fai trampas nunha competición para conseguir a victoria, sabe que non pode calar, iso non está ben. Despois de contarllo á entrenadora e que todos saiban o que pasou, Julia deixa de ser Julia para converterse nunha traidora e chivata.
Por outro lado, Marina solo quere gañar, demostrar a todo o mundo que ela é a mellor. O equipo é a súa vida e aproveitarse de cada pequeno erro do xogo para conseguir a victoria non é o mesmo que facer trampas, iso sábeo todo o mundo... menos Julia que fai que todo salte polos aires. A ollos da entrenadora, Marina é unha mentirosa e dun día para outro perde todo. Ten claro que non pode facer como si non pasase nada: Julia debe pagar polos seus actos.
LEMBRADE: A SOLUCIÓNS AOS PROBLEMAS QUE SE NOS PRESENTEN NON É MEDIANTE A VIOLENCIA, AS COUSAS SOLUCIÓNANSE FALANDO, DIALOGANDO E CHEGANDO A CONSENSO. TEMOS QUE POÑERNOS NA PEL DOS OUTROS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS PARA PODER ENTENDELOS MELLOR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario