viernes, 26 de febrero de 2016

Canta paxariño, canta!

O pasado mércores, 24 de febreiro, lembramos no noso centro a figura de Rosalia de Castro, unha das grandes figuras da nosa literatura.


A Asociación de escritoras e escritores en lingua galega está a promover, dende hai uns anos, a difusión desta data, coincidindo co nacemento da autora no ano 1837.

Un ano máis,  dende BiblioCouceiro queremos sumarnos a este recordo e para iso traballamos nas aulas un verso do poema "Alborada", de "Cantares Gallegos".

Para compartir este día con toda a comunidade educativa, os rapaces e rapazas decoraron unha postal que mandaron as casas.

Esperamos que fora unha agradable sorpresa atopalas no buzón!



lunes, 15 de febrero de 2016

Entroido histórico!!

Por fin chegou o gran día.... O DÍA GRANDE DO ENTROIDO!!!

E que ben o pasamos... como o disfrutamos!!!!

Este ano no Couceiro fixemos un percorrido por distintas épocas históricas e da man dos trogloditas, medievais, indios, vikingos e os locos, loquísimos anos 20 repasamos con moita troula estes momentos da historia.

Primeiro no colexio, desfilando e mostrandolles a todos os compis e profes as nosas galas de Entroido e despois polo pavillón, onde se congregaron cantidade de familiares e amigos que quixeron sumarse á nosa festa.

Alí afinamos voces para compartir con todos as nosas cantigas de Entroido, e xa de volta no cole... FESTA RACHADA!!!!
Demos conta das filloas, orellas, torradas.... baile, música e moita, moita LEDICIA!!!




Aquí tedes as letras das nosas cantigas:



MOITAS GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO COUCEIRO FREIJOMIL POLA COLABORACIÓN NA FESTA!!

Ao mal tempo... boas ideas!!

Aburridos de tanta choiva?
Xa non sabedes como pasar as tardes na casa?
Dende BiblioCouceiro queremos propoñervos ideas para darlle ás a vosa creatividade e descobrir aos artistas que levades dentro.
Pasade polo andel de novidades e podedes encontrar unha selección de libros con moitas propostas para facer manualidades con tecidos, material de refugallo, botóns, plastilina...
Botádelles unha ollada e animádevos!!