lunes, 16 de diciembre de 2013

Güino recomenda este Nadal...

O primeiro trimestre está a piques de rematar, e dende Bibliocouceiro desexámosvos que pasedes unhas fantásticas vacacións.

Neste tempo de lecer de seguro atoparedes ratiños para estar en familia, xogar, descansar... e tamén para ler.

Así que, outro ano máis, elaboramos unha selección de lecturas para que podades gozar con elas.

Esperemos que vos gusten moito.

Se queredes máis información sobre os libros e contos podedes consultar as webs das distintas editoriais ou visitar a exposición que está na entrada do cole.

Bo Nadal e boas lecturas.

Vémonos no 2014!!!

martes, 10 de diciembre de 2013

Nelson Mandela



Hoxe, 10 de decembro, conmemórase en todo o mundo o DÍA  DOS DEREITOS HUMANOS

Este ano coincide esta data coa despedida, que se celebra en SUDÁFRICA, a NELSON MANDELA


O seu corazón apagouse pero o seu legado e eterno sorriso quedarán connosco para sempre.








Madiba, como se lle coñecía cariñosamente loitou toda a súa vida contra as diferenzas de clases e razas e, aínda que estivo preto de 30 anos no cárcere polas súas ideas, convertiuse  nun símbolo mundial da liberdade e da tolerancia.

Grazas ás bibliotecas do CEIP A MAÍA de Ames e a "Chispa" do CEIP DE PAZOS por compartir uns estupendos materiais.