martes, 24 de abril de 2012
Valentín Paz Andrade
Este ano o día das Letras Galegas, o 17 de maio, está adicado a Valentín Paz Andrade.
Aquí tedes un libro interactivo co que aprender moitas cousas sobre a súa vida persoal e profesional.
Que vos pareceu?
jueves, 12 de abril de 2012
Historia do libro
Nestas últimas semanas tivemos no colexio a sorte de disfrutar da exposición itinerante a HISTORIA DO LIBRO, realizada polo IES FERNANDO ESQUÍO DE NEDA e que recorre todos os colexios da zona PLAMBE-FERROLTERRA por iniciativa das súas bibliotecas. O alumnado do noso centro visitou a exposición con gran interés por investigar, por preguntar,...por aprender. Desde infantil aos maiores de primaria o alumnado realizaou diversas actividades adaptadas a cada idade para facilitarlles a aprendizaxe e disfrutar coa exposición. Foi un claro exemplo de traballo colaborativo entre as bibliotecas do PLAMBE. Parabéns ao IES polo seu traballo e ao noso alumnado pola boa disposición nas actividades desenvolvidas.
Día do Teatro
Nestas últimas datas o alumnado do colexio está enfrascado nunha gran cantidade de actividades. Tocoulle o turno á celebración do DÍA MUNDIAL DO TEATRO que este ano cumple 50 desde a súa promulgación pola UNESCO. Nós celebrámolo do mellor xeito que sabemos, representando tres obras teatrais a cargo do alumnado de 2ºA, 2ºB e 5ºA e que terán continuidade ao longo do curso (LETRAS GALEGAS, FIN DE CURSO,...) e outras representacións como a de LINGUA INGLESA que terá lugar nos vindeiros días.... Parabéns a tod@s polo esforzo e polo traballo ben feito!!!
OBRA DE TEATRO 2ºA on PhotoPeach
OBRA DE TEATRO 2ºB on PhotoPeach
OBRA DE TEATRO 5ºA on PhotoPeach
OBRA DE TEATRO 2ºA on PhotoPeach
OBRA DE TEATRO 2ºB on PhotoPeach
OBRA DE TEATRO 5ºA on PhotoPeach
Suscribirse a:
Entradas (Atom)