lunes, 30 de enero de 2012

Día da Paz e a non violencia


Hoxe, día 30 de xaneiro, data do aniversario da morte de Mahatma Gandhi (1869-1948), celébrase o "Día escolar da non violencia e da Paz" (DENIP) e nesta data o proxecto "Coñecernos para querernos" que estamos a levar a cabo cos rapaces e rapazas dos campamentos de refuxiados sahararuis en Tinduf fainos sentir, se cabe, máis preto de todos aqueles que como eles están a ser vítimas desas guerras esquecidas, eses conflitos ignorados pola comunidade internacional.
Cando eliximos este título para o noso proxecto, fixémolo convencidos do que ese "lema" significaba, fixémolo con plena conciencia do noso obxectivo principal, coñecer a quen está a loitar polos seus dereitos e, na medida das nosas posibilidades, loitar para que eses dereitos algún día, non moi lonxano, sexan recoñecidos pola comunidade internacional e ese exilio ao que levan sometidos 35 anos cese dunha vez e consigan acadar ese acordo definitivo de paz que permita a libre determinación do pobo saharaui.
Hoxe, día da Non Violencia e a Paz, as bibliotecas escolares do Plambe-Ferrolterra implicados, a través do Bubisher, neste fermoso proxecto "Coñecernos para querernos" queremos berrar alto e forte "Basta Xa!"