domingo, 28 de noviembre de 2021

25- N: A ÁRBORE DO RESPECTO DO CEIP COUCEIRO FREIJOMIL, DEIXANDO AS NOSOA PEGADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Fixemos unha sinxela actividade que nos permitiu usar unha vez máis as fantásticas instalacións da nosa escola, conretamente a nosa biblioteca escolar que se encheu de pegadas contra a violencia de xénero. O resultado final quedou moi bonito e agora está colocado na entrada da nosa escola, para que toda a  comunidade educativa vexa o noso traballo contra a violencia todos e cada un dos días que veñan ao cole.





















Na clase das vaquiñas ademais estiveron a facer diferentes actividades. Traballaron co conto palabras con corazón. No seguinte vídeo podedes escoitar este conto tan bonito.

Se premedes nos seguintes enlaces atoparedes un resumo fotográfico dalgunhas actividades que estiveron a desenvolver nas aulas.

BLOG DE PRIMEIRO

Enhoraboa a todos e a todos polo traballo.


domingo, 21 de noviembre de 2021

25N A ÁRBORE DO RESPECTO, DEIXANDO A NOSA PEGADA CONTRA A VIOLENCIA

O vindeiro xoves 25 de novembro celebraremos o Día contra a violencia de xénero.

Reivindicaremos a loita contra esta violencia construíndo entre todos e todas unha simbólica árbore empoderando o respecto e os valores cívicos.
Tentaremos achegar o noso granito de area á loita contra a violencia e a nosa defensa do empoderamento do respecto pola igualdade de xénero. Para elo, construiremos entre tos e todas unha bonita árbore formada polas pegadas dos nenos, nenas e mestres e mestras do CEIP Couceiro Freijomil.
Para poder traballar ao longo desta semana atoparedes moitísima información na rede e nos andeis da nosa biblioteca ademais  achégovos algunhas suxestións por se fora do voso interese.
Bicos de Güino. 









SuperLola A superheroína que máis mola.


Contos para tratar a violencia de xénero cos vosos alumnos e alumnas.











miércoles, 17 de noviembre de 2021

MANIFESTO DO PEÓN E MAGOSTO

Estes días tivemos na biblioteca unha exposición que acompañaba ao Manifesto do Peón. Nela atopáchedes unha recopilación de traballos de elaboración propia que fixeron alumnado do cole. Recollín en  imaxes o resultado.










A continuación  vos deixo un vídeo que fixeron os mestres e mestras que pertencen ao Equipo de dinamización das TICs do noso cole, nel recollen as diferentes actividades que desenvolvimos ao longo destes días. Espero que vos guste.  
O voso amigo Güino.







lunes, 8 de noviembre de 2021

TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN 5º E 6º: OUTONO

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º levaban un tempo traballando sobre distintos temas relacionados co outono: Samaín, Peón,  Outono ou  Cogumelos. Tamén fixeron nas áreas de inglés e francés diferentes investigacións sobre Hallowen.

Xa podedes gozar da exposición que atoparedes no segundo andar do cole. Os vosos compañeiros e compañeiras esperan que aprendades moitas cousas a través dos seus traballos.

O voso amigo  Güino.








jueves, 4 de noviembre de 2021

CARTEL PDI 2021-22

Como sabedes o venres 22 de outubro participastes nunha votación na que decidiades o tema sobre o que traballaredes os próximos meses. E o tema gañador foi ARTE.
Despois duns días de reflexión aquí déixovos o cartel do noso PDI.
Espero que vos guste.
Güino



 

lunes, 1 de noviembre de 2021

SAMAÍN DO COUCEIRO

Xa temos a videomontaxe da festa do Samaín no noso cole. 

Parabéns pola vosa participación que axuda a manter as nosas tradicións.

Güino














XA TEMOS PDI

Como sabedes este ano o tema do noso PDI de centro escolliádelo vós, alumnos e alumnas do cole.

Nunha votación moi rifada o tema elixido é.....

ARTEEEEE.

Agora en cada clase decidiredes que aspecto vos interesa traballar deste tema  tannn interesante.
No seguinte vídeo o equipo  TICs do centro resumiu todo o proceso. Espero que vos guste.
Güino.








 

ACRÓSTICO DO OUTONO

Dende o Equipo de Dinamización da Língua Galega propuxéronnos facer un acróstico, unha composición poética ou normal na que as letras iniciais de cada verso ou oración, lidas en sentido vertical formarán o nome de cada neno ou nena, e en sentido horizontal falarán do outono.

Posteriormente queremos facer un libro de produción propia do que  poderedes gozar na nosa biblioteca.

Un  acróstico é unha composición poética na que a primeira letra de cada verso forma unha frase ou nome cando se agrupan en vertical. As palabras reveladas evocan a imaxe literaria, o concepto ou a dedicatoria do poema.

A expresión deriva das palabras gregas  àkros, que quere dicir 'extremo' e  stikhos, que quere dicir 'liña ou verso'. Aínda que o termo  acróstico restrínxese a esta noción, existen variacións que se tamén popularizaron: o  mesóstico, que leva as letras da palabra ou frase crave no medio, e o  teléstico, que as leva ao final.

Tamén existe o  acróstico alfabético que, como o seu nome indícao, forma cada verso para partir unha letra do abecedario, seguindo a orde convencional do mesmo.

Aparentemente, o  acróstico puido ter a súa orixe na antiga Grecia, de onde tomaría o seu nome. Con todo, hai quen sosteña que se orixinou na literatura  provenzal.

Os  acrósticos fixéronse moi populares na lingua castelá a partir da publicación da traxicomedia A Celestina, atribuída a Fernando Vermellas e escrita cara a finais do século  XV. Isto débese a que o autor incluíu un preámbulo escrito en  acróstico.

Enhoraboa a todos e a todas polo resultado. O podedes ver no seguinte vídeo.

Güino