Fixemos unha sinxela actividade que nos permitiu usar unha vez máis as fantásticas instalacións da nosa escola, conretamente a nosa biblioteca escolar que se encheu de pegadas contra a violencia de xénero. O resultado final quedou moi bonito e agora está colocado na entrada da nosa escola, para que toda a comunidade educativa vexa o noso traballo contra a violencia todos e cada un dos días que veñan ao cole.
CLUB DE LECTURA
domingo, 28 de noviembre de 2021
25- N: A ÁRBORE DO RESPECTO DO CEIP COUCEIRO FREIJOMIL, DEIXANDO AS NOSOA PEGADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
domingo, 21 de noviembre de 2021
25N A ÁRBORE DO RESPECTO, DEIXANDO A NOSA PEGADA CONTRA A VIOLENCIA
O vindeiro xoves 25 de novembro celebraremos o Día contra a violencia de xénero.
miércoles, 17 de noviembre de 2021
MANIFESTO DO PEÓN E MAGOSTO
Estes días tivemos na biblioteca unha exposición que acompañaba ao Manifesto do Peón. Nela atopáchedes unha recopilación de traballos de elaboración propia que fixeron alumnado do cole. Recollín en imaxes o resultado.
lunes, 8 de noviembre de 2021
TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN 5º E 6º: OUTONO
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º levaban un tempo traballando sobre distintos temas relacionados co outono: Samaín, Peón, Outono ou Cogumelos. Tamén fixeron nas áreas de inglés e francés diferentes investigacións sobre Hallowen.
Xa podedes gozar da exposición que atoparedes no segundo andar do cole. Os vosos compañeiros e compañeiras esperan que aprendades moitas cousas a través dos seus traballos.
O voso amigo Güino.
jueves, 4 de noviembre de 2021
CARTEL PDI 2021-22
lunes, 1 de noviembre de 2021
SAMAÍN DO COUCEIRO
Xa temos a videomontaxe da festa do Samaín no noso cole.
Parabéns pola vosa participación que axuda a manter as nosas tradicións.
Güino
XA TEMOS PDI
ACRÓSTICO DO OUTONO
Dende o Equipo de Dinamización da Língua Galega propuxéronnos facer un acróstico, unha composición poética ou normal na que as letras iniciais de cada verso ou oración, lidas en sentido vertical formarán o nome de cada neno ou nena, e en sentido horizontal falarán do outono.
Posteriormente queremos facer un libro de produción propia do que poderedes gozar na nosa biblioteca.
Un acróstico é unha composición poética na que a primeira letra de cada verso forma unha frase ou nome cando se agrupan en vertical. As palabras reveladas evocan a imaxe literaria, o concepto ou a dedicatoria do poema.
A expresión deriva das palabras gregas àkros, que quere dicir 'extremo' e stikhos, que quere dicir 'liña ou verso'. Aínda que o termo acróstico restrínxese a esta noción, existen variacións que se tamén popularizaron: o mesóstico, que leva as letras da palabra ou frase crave no medio, e o teléstico, que as leva ao final.
Tamén existe o acróstico alfabético que, como o seu nome indícao, forma cada verso para partir unha letra do abecedario, seguindo a orde convencional do mesmo.
Aparentemente, o acróstico puido ter a súa orixe na antiga Grecia, de onde tomaría o seu nome. Con todo, hai quen sosteña que se orixinou na literatura provenzal.
Os acrósticos fixéronse moi populares na lingua castelá a partir da publicación da traxicomedia A Celestina, atribuída a Fernando Vermellas e escrita cara a finais do século XV. Isto débese a que o autor incluíu un preámbulo escrito en acróstico.
Enhoraboa a todos e a todas polo resultado. O podedes ver no seguinte vídeo.
Güino