martes, 21 de marzo de 2023

PDI 3º: A VOLTA AO MUNDO DE MAGALLANES

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria do colexio están a investigar sobre a Viaxe de Magallanes.

Os nenos e nenas de 3º B: en primeiro buscaron información sobre os continentes e os océanos, aprenderon a facer barcos de papel, manexaron distintas fontes para achegarse á figura de Magallanes, investigaron sobre a contaminación...

Se premedes no seguinte enlace atoparedes máis información do traballo que está a facer o alumnado de 3ºB .

VOLTA AO MUNDO DE MAGALLANES 





CLUB DE LECTURA ADULTOS

 

lunes, 20 de marzo de 2023

VISITA DE ANDREA MACEIRAS

O luns 20 de marzo tivemos a sorte de recibir á visita de Andrea Maceiras na nosa biblioteca.

O alumnado de 3º e 4º da nosa escola estivo a ler no seu Club de lectura o libro "Alma de elefantes" (premio Anaya infantil 2022".

Andrea contounos que este libro é o resultado das súas viaxes a Thailandia ou Vietnam.

No seguinte vídeo eles e elas vos explican o que máis e o que menos lles gustou da lectura que fixeron.

Enhoraboa a todos e todas!



















sábado, 18 de marzo de 2023

PDI SAÍDA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL E A EXPONAV

O venres 17 de marzo os nenos e nenas de 2º A e 2º B visiron o Museo de Historia Natural e Exponav en Ferrol, esta actividade enmárcase dentro das actividades programadas para o desenvolvemento do PDI anual do centro que leva por título "Couceiristas polo mundo". 

O alumnado de 1º e 2º está a traballar A serie «Quen son? Crías de animais». Nela atopamos varias especies  de mamíferos e de aves agrupadas por continentes para inspirar a curiosidade pola fauna e polo coidado da natureza dende  as primeiras idades. Cada título inclúe sete crías: con textos sinxelose descritivos, acompañados dunha suxestiva ilustración, cada unha  preséntase cunha adiviña e establece un diálogo directo e activo coas lectoras e cos lectores; o enigma resólvese ao pasar a páxina, onde aparece coa súa familia no seu hábitat natural, ampliando a información sobre a contorna, os costumes e as características  físicas dos adultos. Son textos cientificamente rigoros os que plasman a realidade da natureza de forma doada  e comprensible, ademais de amosar a biodiversidadee as distintas formas de crianza.  Realizadas con grafito e suavemente coloreadas, as imaxes son realistas e de gran detallismo, fieis aos canons da ilustración científica, e destacan pola expresividade e pola tenrurados protagonistas.

No Museo de Historia Natural puiderion ver esqueletos de animais, tanto mariños como terrestres, animais conservados en alcohol e animais disecados. En Exponav profundizaron nun dos medios de transporte que podemos empregar para viaxar, O BARCO. Aprendemos as súas partes e como se constrúen. Reralizaron disferentes obradoiros.

Se premedes na seguinte ligazón atoparedes máis información.

http://primeirospasoscouceiro.blogspot.com/2023/03/saida-ao-museo-de-historia-natural-e.html


jueves, 16 de marzo de 2023

DÍA DA POESÍA 2023

"Lo más importante para cualquier artista es aprender a mirar. La poesía nace de una mirada porque los versos, las metáforas, los adjetivos precisos, las palabras mágicas, los juegos y los cambios de sentido son una forma especial de ver el mundo."

  (Luis García Montero, de su libro: "Lecciones de poesía para niños inquietos".)










EXPOSICIÓN NA ESCOLA DALGÚNS DOS EXEMPLARES QUE TEDES A VOSA DISPOSICIÓN NOS ANDEIS DA BIBLIOTECA.



















viernes, 10 de marzo de 2023

MODELO PARA FACER AS NOSAS GRAVACIÓNS NA RADIO

Despois do obradoiro que realizamos con Damián Alonso para aprender a usar a Radio creamos o noso  modelo de folla que nos axude a preparar as intervencións que levemos a cabo.

jueves, 9 de marzo de 2023

OBRADOIRO RADIO NA ESCOLA

Seguimos dando pasos no obxectivo de poñer en marcha a nosa radio escolar, proxecto no que participamos por primeiro ano. Despois de elixir o nome de maneira colaborativa entre todos e todas, comprar os aparellos necesarios para crear unha radio, os mobles... coa finalidade de darlle forma a este proxecto apaixonante... chegou o momento da formación. Nas seguintes imaxes vos explicamos un pouquiño o que fixemos neste magnífico obradoiro da man de Damián Alonso de "Ponte nas Ondas".






domingo, 5 de marzo de 2023

8 M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 











ISABEL BARRETO




ISABEL ZENDAL

SOFÍA CASANOVA

MARI LUZ MORALES


OLIMPIA VALENCIA

CELIA RIVAS

ÁNGELES ALVARIÑO