jueves, 28 de febrero de 2019

Primavera adiantada!

No noso cole adoitamos saudar a primavera ao tempo que lle damos a benvida á poesia nas aulas.

Baixo o "eslogan" Ola primavera, benvida poesía!  poñemonos a rimar palabras, medir versos, buscar verbas  cheas de contido para expresar de xeito case musical os nosos sentimentos e facer sinxelas e fermosas poesías que presentamos cada ano ao certame de poesía do cole.

Mais este ano, os días primaverais deste  febreiriño loco adiantaron a primavera literaria da rapazada de 5º B e 6ºB , que logo da Poética Rosaliana colleron marcha e xa están mans á obra cun obradoiro de poesía.

Veñen de recibir a José Luis Graña. José Luis que foi mestre de Lingua Galega e Literatura durante moitos anos, tempo no que se amosou especialmente activo co alumnado, dirixindo e coordinando diferentes actividades relacionadas coas artes escénicas: contacontos, recitais poéticos, monólogos, representacións teatrais...
Ademais, escribiu varios libros de diferentes xéneros literarios. Ten catro publicados: "Cerdido: lingua e outras realidades", "Converxencia na cor vermella ", Itinerario do botellón" e "A vida é dura antes dos 18."
Na actualidade, xubilado como profesional do ensino, segue máis implicado ca nunca no labor de escribir.

Con Graña  estiveron a recitar poesías e modulando a voz , ademais deulles uns consellos para que o Día da Poesía cando reciten poemas no Festival do Teatro e da Poesía (21 de marzo) lles saia todo de marabilla. Pasárono  xenial e participaron todos e todas.
Os nenos e nenas de 6º A e 5ºA mentres están ensaiando pequenas pezas teatrais que tamén presentarán o vindeiro 21 para festexar xunto coa poesía o Día do Teatro.

Aquí tedes imaxes do Obradoiro de Poesía dirixido por Graña por 2º ano. A nós quedounos a boca doce, esperemos que a el tamén e repita.







Moitas grazas José Luis!

miércoles, 20 de febrero de 2019

Proxectos con marcha!!!

No noso cole estamos a desenvolver un proxecto central, xa sabedes Bo Proveito!  Nas distintas  aulas traballan espectos diferentes.

  • Os "pequenosmaiores" de Infantil xa levan uns cantos días investigando dentro do PDI sobre Etiopía e a súa gastronomía. Quixeron converterse en etíopes e comer "injera" un prato daquel país. Seguindo os seus costumes  compartiros sentados no chan  esa comida tan especial. No seu blog tedes unha información moito máis completa.


 Preme!
Preme e infórmate.
  • O  alumnado de 3º de primaria visitou un supermercado próximo ao colexio xa que o noso centro quixo participar no seu  programa "ALIMENTES". A actividade xirou en torno  a unha visita guiada por unha empregada que moi amablemente foilles amosando as diferentes seccións do supermercado ao tempo que transmitía a importancia do consumo responsable e  os habitos de vida e alimentación saudable.





  •  A actividade "EU SON ROSALÍA",  convocada polo EDLG do noso colexio, forma parte do noso Proxecto Plurianual, "O GALEGO NAS NOSAS MANS" e que neste curso 2018-2019, uniremos ao PDI do centro: "Bo Proveito!!", con poemas de Rosalía que nos que falan da comida e da fame. A actividade consistirá en posar ante un gran mural coas fotos de Rosalía, portando cartolinas cos seus versos.

Preme e chega ao blog da CASQUEIRA!




Ademais o alumnado de 4º a 6º de Primaria está a desenvolver xunto a outros centros de Ferrolterra o proxecto sobre o Sistema Solar. Premede na seguinte imaxe para ver o que andan a facer nas aulas mentres agardan a próxima visita ao centro dun astrónomo que lles achegará máis información sobre o firmamento, a observación nocturna do ceo, a Vía Lactea...





E os pequenos de Primaria, nenos e nenas entre 6 e 10 anos participan por 2º ano no proxecto de animación á lectura "Illa fantasía".
TATANKA SKÁ estivo de novo nas aulas contoulles un montón de cousas, pero o que máis lles  gustou foi que ensinolles como podían pedir a súa pluma máxica polos seus seres queridos e, sobre todo, que respetarnos  uns a outros e ter pensamentos positivos de tolerancia, respeto, cooperación e de coidado de uns polos outros.
Axiña voltará ás aulas para enfeitizar a nenos e nenas, mentres  melloran a competencia en comunicación lingüística a través da promoción da imaxinación e o pensamento creativo.



E por último,  hoxe fomos noticia na prensa pola participación do alumnado e profesorado de 6º de E. Infantil no Proxecto LÓVA, a ópera como vehículo de aprendizaxe.
Premendo na imaxe chegaredes ao xornal que recolle a información.



viernes, 15 de febrero de 2019

PDI Bo Proveito no tempo de Entroido.

COLABORACIÓN FAMILIA - ESCOLA

Para abrir o tempo de Entroido, xa pasou a Candieira,  Emma, a nai de Ana de 5ºB, preparou  freixós para toda a rapazada de 5º.



Trouxo unha freixoeira ou filloeira e foinos facendo mentres  explicaba unha chea de cousas interesantes:

  • Ela segue a receita que aprendeu da súa avoa
    • Para 4 litros de auga
    • 8 ovos
    • 250 g de fariña do país.
    • 225 de fariña branca.
    • Touciño para engraxar a filloeira ou a tixola.






  •  Contoulles tamén que agora é màis doado pois hai cociñas modernas e non hai que estar tan pendente do lume como cando se facían no trespés queimando carozos de maínzo.
  • Tamén  faloulles das variedades segundo a zona de Galicia ou dos diferentes países.
  • Mentres facía os freixós falaron do Entroido, do pratos principal  desta festa e doutras sobremesas.
  • Ao final degustaron un delicioso freixó. Que ben arrrecendía todo o cole!












Moitas grazas, Emma!

Logo nas aulas recolleron a experiencia escribindo diferentes textos.


Aquí  cóntannolo todo!








Que sorte tiveron, non?

viernes, 8 de febrero de 2019

Contacontos para Educación Infantil

Un ano máis Sara e Álex, os nosos amigos da fábrica de contos Kalandraka, viñeron ao noso cole a contarnos e cantarnos uns fermosos contos. Violín, a ratiña presumida, Dez dedos nas mans e dez dedas nós pése Nunú no xardín.










Que ben o pasamos! Xeniales os contacontos de kalandraka!



 

martes, 5 de febrero de 2019

Receitario de Outono e Petiscos Literarios

Presentamos o "Receitario de Outono" con este vídeo onde nenas e nenos de todas as aulas do cole fálannos do prato que prepararon con ingredientes propios da época, cogomelos, mazás, cabaza,castañas...

O libro estará esta semana na biblioteca e na entrada do cole para que todos o vexamos  e axiña pasará aos andeis da biblioteca para poder ser emprestado e que viaxe ás casas onde podades preparar calquera das 20 receitas que contén.




Neste trimestre Güino proponnos facer "Petiscos Literarios". 

Cada aula elaborará os seus "pinchos" de froitas, verduras, froitos secos, peixe, etc Incluirán unha adiviña tan curta como apetitosa e o Día do Libro á volta de vacacións de Semana Santa comezaremos o 3º trimestre compartindo e degustando os "canapés" literarios que cociñamos entre todos e todas.
Aquí tedes unha ligazón que pode axudarvos a preparar a actividade, premede na imaxe!



Os garfos e bandexas ponos Güino, vos poredes o resto.
 Ánimo cociñeiros literarios!