No noso cole adoitamos saudar a primavera ao tempo que lle damos a benvida á poesia nas aulas.
Baixo o "eslogan" Ola primavera, benvida poesía! poñemonos a rimar palabras, medir versos, buscar verbas cheas de contido para expresar de xeito case musical os nosos sentimentos e facer sinxelas e fermosas poesías que presentamos cada ano ao certame de poesía do cole.
Mais este ano, os días primaverais deste febreiriño loco adiantaron a primavera literaria da rapazada de 5º B e 6ºB , que logo da Poética Rosaliana colleron marcha e xa están mans á obra cun obradoiro de poesía.
Veñen de recibir a José Luis Graña. José Luis que foi mestre de Lingua Galega e Literatura durante moitos anos, tempo no que se amosou especialmente activo co alumnado, dirixindo e coordinando diferentes actividades relacionadas coas artes escénicas: contacontos, recitais poéticos, monólogos, representacións teatrais...
Ademais, escribiu varios libros de diferentes xéneros literarios. Ten catro publicados: "Cerdido: lingua e outras realidades", "Converxencia na cor vermella ", Itinerario do botellón" e "A vida é dura antes dos 18."
Na actualidade, xubilado como profesional do ensino, segue máis implicado ca nunca no labor de escribir.
Con Graña estiveron a recitar poesías e modulando a voz , ademais deulles uns consellos para que o Día da Poesía cando reciten poemas no Festival do Teatro e da Poesía (21 de marzo) lles saia todo de marabilla. Pasárono xenial e participaron todos e todas.
Os nenos e nenas de 6º A e 5ºA mentres están ensaiando pequenas pezas teatrais que tamén presentarán o vindeiro 21 para festexar xunto coa poesía o Día do Teatro.
Aquí tedes imaxes do Obradoiro de Poesía dirixido por Graña por 2º ano. A nós quedounos a boca doce, esperemos que a el tamén e repita.
Moitas grazas José Luis!
1 comentario:
Outra vez fun recibido incriblemente ben. Cada vez q vou ao Couceiro síntome na casa. E, amais, axudando a poñerlle música á poesía, algo q me farta d ledicia.
Mil grazas ao profesorado e mais ao alumnado!!
J. L. Graña
Publicar un comentario