CLUB DE LECTURA

miércoles, 28 de febrero de 2018

Nadando con Educación Infantil

Hai ben tempo que non vos contábamos como navegaba a rapazada máis pequena do cole dento de "Alén do Mar".
Logo da mensaxe de Güino de comezo de curso moito foi o que pasou nas súas aulas:
Pescudaron, leron, escribiron,cantaron, viaxaron...E canto aprenderon!
Mirade nas súas bitácoras canto fixeron nos últimos días!

Logo de descubrir o que dicía Güino, puxéronse a cantar e bailar. Se premedes na imaxe  veredes que ben o fan os de tres anos.


Tamén viaxaron ao acuario:


                                    Accedede ao seus blogs a través das fotos da visita.
                                   






Recordades o ben que o pasamos no Entroido?
Aquí nolo lembran!
Clicqueade nas imaxes.





sábado, 24 de febrero de 2018

Día de Rosalía


Un ano máis festexamos na nosa escola o nacemento da máis grandes das escritoras galegas.

Premede na imaxe para acceder á información sobre a autora e a súa obra no blog "A Casqueira" do EDLG




Este ano dende a Biblioteca organizamos un pequeno acto coa adaptación dun libro dos Bolechas recén chegado aos nosos andeis.


 Neste libro algúns dos poemas máis coñecidos do libro Cantares Gallegos, de Rosalía, serve para achegarnos a unha das poetas máis importantes do mundo. Nel, a autora denuncia a emigración forzada e a tristura deses emigrantes que teñen que deixar todo “canto ben queren” sen saber se volverán velo algún día. 

Os axudantes de Güino adaptaron este libro e na Hora de Ler do venres, en tres actos simultáneos, leron e recitaron para todo o colexio.


Ollade nas imaxes que ben o fixeron os narradores e que público tan entregado.

<

miércoles, 21 de febrero de 2018

Album bilingüe

Un ano máis por estas datas a entrada do cole énchese de  nenos e nenas buscando a ubicación e o nome do seu cromo, en inglés ou en galego . Chegou o album bilingüe!


Si, xa estamos todos e todas pescudando en grupo o nome do animal dos cromos que conseguimos hoxe, ou ben cambiando os que temos "repes".

Que grupos rematarán antes? A que equipo lle tocará recibir o premio de cada clase?
O alumnado de infantil cubre un gran albun coa axuda da profe Eugenia;


mais os de primaria adican os 10 minutos primeiros do recreo a esta tarefa tan entretida como ruidosa, buscar, pegar, ler, escribir, cambiar...Para completar o album do seu equipo


Por suposto, xa suporedes que a colección de cromos deste ano é...
DOS ANIMAIS DOS NOSOS MARES!

As recomendacións lectoras de Güino

Animadas polo booktrailler da profe de prácticas Ester, os nenos e nenas de 6º andan a gravar unhas recomendacións ben expresivas.!

Pouco a pouco irémolas publicando, aquí tedes as primeiras:






E agora Aroa fálanos dun dos libros máis demandados dos andeis de lectores avanzados, a autora, Ledicia Costas.





Tedes os libros esperándovos na nosa biblio!

martes, 13 de febrero de 2018

Entroido 2018: Para mariñeiros, nós!

A rapazada do Couceiro tomou en serio o de vivir nunha vila mariñeira .
Este ano o Carnaval xirou arredor do mar e dos profesionais do mar. Protagonizaron as diferentes comparsas.submarinistas, peixeir@s, mariñeir@s etc.

Para abrir boca o "Esqueleto Manolo" cos seus mandadiños fixo que tod@s, día a día, nos converteramos en mariscadores e mariscadoras.
 Que sabio este Manolo con esta pequena homenaxe a moitos pais e nais do cole que traballan na marea!





Mentres nas aulas íanse elaborando os disfraces, e ensaiando as cantigas e bailes.













Ollade os dípticos coas letras das cancións que se lle entregaron ás familias que nos acompañaron no Festival do Antroido.




Magoa que o venres o tempo non acompañara e non poideramos facer o "pasarúas" pola vila , mais a mal tempo..
Ruada non houbo;  pero que ben o pasamos no desfile polo corredor e nas actuacións das comparsas no pavillón!
Acompañados polos saltimbanquis que mandou o Concello, por un grupo de pais e nais a modo de charanga abrindo o desfile e por un público entregado, festexamos o Antroido baixo teito.





Despois de tanto movemento repuxemos forzas nas aulas con a degustación das diferentes sobremesas propias do Antroido Eumés achegadas polas familias.



Ademais degustamos as conservas de coco que posúen unposto moi signifecativo dentro dos doces criollos venezolanos, achegou esta sobremesa unha familia recen chegada de Venezuela.

                    
E mentres celebramos o Entroido nas nosas casas, lembrade preparar o loito polo fin da festa.
O xoves queimamos o Antroido mentres choramos a súa morte cantando  a cantiga tradicional de Pontedeume: XA MORREU!












Grazas a toda a Comunidade Educativa pola súa participación entusuasta!

miércoles, 7 de febrero de 2018

Taballando valores a través dos libros

Ademais da exposición monográfica sobre o PDI "ALÉN DO MAR" que permanece ao longo do curso  no "Xardín do Pasatempo"para que o alumnado documente as súas investigacións sobre o mar ou viaxe co su maxín por todolos mares cheos de piratas, monstros mariños e mil e un misterio, na nosa biblio temos exposicións temporales.
Na entrada do cole, no moble das novidades, vimos de despedir a exposición de libros "Para ler en familia" e acabamos de inaugurar a exposición "Lecturas pola Paz".

O equipo da biblioteca seleccionou libros para todas as idades que achegan mensaxes de paz, convivencia, amizade, igualdade, respecto, integración.Tratan temas como o acoso, a guerra, a inclusión dos "diferentes"...

Todos os volumes poden viaxar tanto ás aulas como ás casas do alumnado para  sementar  valores que promovan a convivencia en paz cada día.





Contacontos en Educación Infantil

O pasado luns achegáronse á nosa biblioteca, un ano máis, os contacontos de Kalandraka.

 Sara é Alex engaiolaron á rapazada de E. Infantil cos seus contos musicados.










Os libros presentados tédelos nos andeis do "Xardín do Pasatempo"




Ollade un pequeno fragmento da actividade.


Güino recomenda:



Hoxe comeza unha sección nova na nosa bitácora: As recomendacións lectoras de Güino.
Ollade este "booktrailler" que nos achega Ester a mestra de prácticas.
Ester, e un compañeiro seu  da Escola de maxisterio, anímannos a ler un libro de Roald Dahl que temos na nosa biblioteca "Cuentos en verso para niños perversos"




Que chulo, non? A que xa tedes ganas de ler o libro!