Preme para obter máis información |
Primeiramente fixeron unha pequena presentación para a continuación poñernos todos mans á obra.
Divididos en tres grupos pasamos por tres obradoiros onde nos retransmitiron a importancia da investigación para a conservación do mar.
Lola, a nai duns alumnos do cole, faloulles do PLANCTO, o zooplancto e o fitoplancto. Das súas diferencias, da importancia e da súa vital función dentro da cadea trófica. Das enfermidades que poden ocasionar nos humanos segundo a súa concentración nas rías galegas. Tamén transmitiunos os perigos dos plásticos e dos microplásticos dos que se está a alimentar o plancto das zonas contaminadas.
Apoiouse en videos e ata trouxo un microscopio e mostras de placto.
Juan desenvolveu unha actividade baseada no estudio dos peixes. Con mostras reais observamos como miden os peixes, co ICTIOMETRO, como se observa o sexo, o estadio reproductivo, o peso e ata a súa idade nos OTOLITOS que teñen os peixes debaixo do craneo. Ademais amosounos os tamaños das mallas das redes para protexer os animais inmaduros, pequenos, que non se reproduciron aínda e asi acadar unha pesca sostible.
Nun terceiro obradoiro, Joaquín falounos e experimentamos a importancia da salinidade e da acidez do mar.,como se mesturan as augas frías e cálidas e tamén explicounos a orixe das mareas, tan importantes para moitas familias eumesas que viven do mar.
Por último convidáronnos a todos a visitalos na Coruña o sábado 16 de xuño pois teñen xornadas de portas abertas.
Aquí tedes máis imaxes desta estupenda xornada froito da colaboración familia escola!
Noraboa a tod@s. E grazas a Lola e aos seus compañeiros do IEO da Coruña por compartir a súa experiencia con nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario