CLUB DE LECTURA

lunes, 21 de mayo de 2018

"Alén do mar" Obradoiros sobre a Investigación do medio marino

Grazas á colaboración das familias dentro do PDI o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiu hoxe a tres traballadores do Instituto Español de  Oceanografía (ICO) .

Preme para obter máis información

Primeiramente fixeron unha pequena presentación para a continuación poñernos todos mans á obra.
Divididos en tres grupos pasamos por tres obradoiros onde nos  retransmitiron a importancia da investigación para a conservación do mar.



Lola, a nai duns alumnos do cole, faloulles do PLANCTO, o zooplancto e o fitoplancto. Das súas diferencias, da importancia e da súa vital función dentro da cadea trófica. Das enfermidades que poden ocasionar nos humanos segundo a súa concentración nas rías galegas. Tamén transmitiunos  os perigos dos plásticos e dos microplásticos dos que se está a alimentar o plancto das zonas contaminadas.
 Apoiouse en videos e ata trouxo un microscopio e mostras de placto.



                                                                           
                                                                


Juan desenvolveu unha actividade baseada no estudio dos peixes. Con mostras reais observamos como miden os peixes, co ICTIOMETRO, como se observa o sexo, o estadio reproductivo, o peso e ata a súa idade nos OTOLITOS que teñen os peixes debaixo do craneo. Ademais amosounos os tamaños das mallas das redes para protexer os animais inmaduros, pequenos, que non se reproduciron aínda e asi acadar unha pesca sostible.




                                                               


Nun terceiro obradoiro, Joaquín falounos e experimentamos a importancia da salinidade e da acidez do mar.,como se mesturan as augas frías e cálidas e tamén explicounos a orixe das  mareas, tan importantes para moitas familias eumesas que viven do mar.
                                                                                                                                                                 







 Por último convidáronnos a todos a visitalos na Coruña o sábado 16 de xuño pois teñen xornadas de portas abertas.



Aquí tedes máis imaxes desta estupenda xornada froito da colaboración familia escola!





Noraboa a tod@s. E grazas a Lola e aos seus compañeiros do IEO da Coruña por compartir a súa experiencia con nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario