Un ano máis a nosa escola encheuse de caveiras, contos de medo, lecturas ás escuras e nenos e nenas festexando estas datas con ropas ben aqueladas para o medo e maquillaxes pantasmagóricas.
Co gallo do noso proxecto, "Alén do mar", os corredores enchéronse de monstros mariños que fixeron os nenos e nenas de 3º e 4º.
O alumnado de 5º e 6º elaborou CONTOS DE MEDO NO MAR que fixeron tremer aos máis pequenos de Primaria.
Preme na foto e poderás ler o conto "O BARCO DE AS CROAS", elaborado por 5º A
E as LECTURAS ÁS ESCURAS protagonizaron a HORA de LER á luz das cabazas e das lámpadas.
Agora xa podedes ler os contos que fixeron en grupo o alumnado de 5º e 6º
Aquí vos deixamos unha montaxe onde podedes atopar a vosa cabaza; e ademais lembrar as actividades desta data que representaba para os celtas a transición do verán ao inverno. Eles crían que esa noite, unha "porta" abríase, e o mundo dos vivos quedaba en comunicación co dos mortos, polo menos por unhas horas. pasaría no noso cole?????
No hay comentarios:
Publicar un comentario