CLUB DE LECTURA

jueves, 2 de noviembre de 2017

Samaín

A antiga festividade céltica do samaín  foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.

Un ano máis a nosa escola encheuse de caveiras, contos de medo, lecturas ás escuras e nenos e nenas festexando estas datas con ropas ben aqueladas para o medo  e maquillaxes pantasmagóricas.

Co gallo do noso proxecto, "Alén do mar", os corredores enchéronse de monstros mariños que fixeron os nenos e nenas de 3º e 4º.





O alumnado de 5º e 6º elaborou CONTOS DE MEDO NO MAR que fixeron tremer  aos máis pequenos de Primaria.






Preme na foto e poderás ler o conto "O BARCO DE AS CROAS", elaborado por 5º A








E as LECTURAS ÁS ESCURAS protagonizaron a HORA de LER á luz das cabazas e das lámpadas.






Agora xa podedes ler os contos que fixeron en grupo o alumnado de 5º e 6º




Aquí vos deixamos unha montaxe onde podedes atopar a vosa cabaza; e ademais lembrar as actividades desta data que representaba para os celtas a transición do verán ao inverno. Eles crían que esa noite, unha "porta" abríase, e o mundo dos vivos quedaba en comunicación co dos mortos, polo menos por unhas horas. pasaría no noso cole?????





No hay comentarios:

Publicar un comentario