Boas, abrimos este andel de novidades coa marcha do grupo de teatro "Migallas", preséntannos uns contos e unha cantiga ben bonitos para compartir as crianzas cos maiores da casa.
Chega a calor, o fin do curso aproxímase, o único cambio respecto a as semanas anteriores é que agora para saír teremos que levar máscaras tanto nenos como maiores. Cara o vindeiro curso case seguro que voltaremos todos e todas a escola con máscaras e distancia social.
Para explicar aos máis pequenos da casa que a máscara non é un disfrace, aínda que poida parecelo, escollemos estes contos.
Os disfraces quítanse e póñense, tócanse e gárdanse no caixón dos xoguetes. A máscara non é un xoguete. tampouco, temos que poñela e quitala con tento, ademais da calor e ás veces pica. Coa distancia de 2 metros axudaremos a que o virus desapareza, o lavado de máns e fundamental,...
Poñémos neste andel virtual da nosa biblioteca unha escolma de contos sobre esta temática:
Este último xa para o alumnado que xa le con autonomía.
Podedes mandarlle a Güino un debuxo sobre o conto que máis vos gustou dos anteriores: Debedes acompañalo dunha frase curta con letra grande e clara. Os que aínda non escribides moito facédeo coa axuda dos vosos maiores, irmáns, irmás pais, nais, avós, avoas.... Non esquezades poñer o voso nome e curso.
Enviade foto ou escaneado do voso traballo a bibliocouceiro@gmail.com ata o 5 de xuño. Logo poderemos facer e compartir unha vídeomontaxe cos vosos debuxos. Grazas pola vosa participación!
Xa temos os primeiros!
Xa temos os primeiros!
Por último, agora que xa saímos á rúa, ás praias lembrade estas recomendacións!
Entre tod@s conseguiremos vencer o virus!
No hay comentarios:
Publicar un comentario