En épocas remotas, os galegos celebraban a chegada da primavera e o final do cru inverno e propiciaban deste xeito a obtención de boas colleitas.
Nos tempos actuais, as festas dos maios son a última manifestación folclórica que festexa en Galicia o final do inverno. Constrúense figuras con elementos naturais, como musgo, flores silvestres, ovos, paus e ao redor delas cántanse, con acompañamento de paus, coplas e cancións irónicas e críticas con feitos ou personaxes de actualidade.
Este curso como cada ano a finais de abril na nosa escola festexamos o Maio. Achegamos a escola verdes (fiúnchos, fentos, xestas...) e flores (margaridas, calas, rosas,...), laranxas e ovos baleiros para facer o Maio o venres 28 de abril: un de Infantil, outro que fixo o alumnado de 1º, 2º, e 3º e outro que fixeron os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º.
Rematámolos o venres e o luns 1 de maio o alumnado desfilou con eles polas rúas de Pontedeume para achegalos ao xardín e participar no concurso de Maios do Concello.
Aquí vos deixo un vídeo resumo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario