Güino e os seus colaboradores desexamos que pasades un verán estupendo, con tempo para xogar, descansar, ir a praia... e tamén para pasar un bo rato desfrutando dunha gran aventura a través dos libros.
Así que, como cada ano por estas datas, preparamos para vós con moito cariño está selección de libros e contos que recomendámos dende Xardín do Pasatempo:
Esperamos que as desfrutedes moito e que nos contedes as vosas impresións ou opinións.
Gozade moito e vémonos en Setembro!!!
CLUB DE LECTURA
▼
lunes, 24 de junio de 2013
viernes, 21 de junio de 2013
Tastarabás
O pasado 23 de maio asistimos, na BIBLIOTECA MUNICIPAL de PONTEDEUME, á presentación do libro de ANTÓN CORTIZAS "TASTARABÁS", froito de dez anos de traballo deste escritor da nosa bisbarra e que tivemos a honra de ter varias veces no noso centro.
TASTARABÁS é unha enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza. Nesta obra, ANTÓN, ofrece a través de máis de mil páxinas e duas mil cincocentas fotografías, un extenso catálogo dos brinquedos e enredos diversos que forman parte da nosa tradicional cultura lúdica.
Estamos seguros que esta fermosa obra contribuirá decididamente á recuperación do xogo tradicional.
Grazas e parabéns, ANTÓN!!!

domingo, 16 de junio de 2013
Querido Balbino
O pasado día 13 de xuño tivemos o privilexio de asistir a un ENCONTRO CON XOSÉ NEIRA VILAS con motivo da exposición QUERIDO BALBINO: 1961-2011 CINCUENTA ANOS DE MEMORIAS DUN NENO LABREGO que tivo lugar na CASA DA CULTURA de PONTEDEUME e que reuniu ao alumnado de SEXTO DE PRIMARIA e PRIMEIRO CICLO DA ESO de todos os centros do concello.
Foi un encontro entrañable cun dos GRANDES das nosas Letras, afortunadamente vivo, e que explicou ao alumnado todo o mundo de BALBINO, da sociedade galega da época, dos seus anos lonxe de GALICIA (Arxentina, Cuba,...) e das circunstancias desta exposición (artistas galegos actuais como Xaquín Marín, Siro López,...) que conmemora os cincuenta anos dunha obra imprescindible na cultura galega.
Finalmente as preguntas dos nen@s, que foron moitas e moi atinadas, encheron de vivencias e emocións o acto.
Sempre connosco, D. XOSÉ!!!