jueves, 24 de marzo de 2022

CLUB DE LECTURA 5º

Este curso 2021-22 os alumnos de 5º gozaron da lectura do libro de María Canosa "A cazadora de estrelas". O xoves 24 de marzo contamos coa presenza de María na nosa biblioteca.

Falounos das dificultades que teñen os escritores para poder vivir desta disciplina, é por iso polo que Canosa teñen que compaxinar a súa paixón como escritora con outras actividades. Aos alumnos encantoulles que lles asinase o seu libros.

Neste libro María conta a historia de Megumi era unha das mellores cazadoras de estrelas da súa comunidade. As súas frechas trazaban no ceo o debuxo dun arco até cravarse xusto no medio das estrelas pequeniñas e moi brillantes para crear, entón, unha neboeira de luz. Contaba coa magnífica axuda de Turrón, unha egua que galopaba lixeira coma o vento. Sobraban os dedos dunha man para contar as veces que errara no seu tiro. Era unha tiradora infalible. Mais tamén era unha fantástica amazona. Cando baixo o ceo estrelado se pegaba ao corpo de Turrón, as dúas avanzaban coma se fosen un só corpo, diríase que eran un centauro á caza da supernova.

Megumi era unha das mellores cazadoras de estrelas da súa comunidade. As súas frechas trazaban no ceo o debuxo dun arco até cravarse xusto no medio das estrelas pequeniñas e moi brillantes para crear, entón, unha neboeira de luz. Contaba coa magnífica axuda de Turrón, unha egua que galopaba lixeira coma o vento. Sobraban os dedos dunha man para contar as veces que errara no seu tiro. Era unha tiradora infalible. Mais tamén era unha fantástica amazona. Cando baixo o ceo estrelado se pegaba ao corpo de Turrón, as dúas avanzaban coma se fosen un só corpo, diríase que eran un centauro á caza da supernova.

Deixámosvos un resumo fotográfico desta actividade.  Esperamos que vos guste.

Biquiños











No hay comentarios: