miércoles, 16 de marzo de 2022

CLUB DE LECTURA 6º: VISITA DE ANDREA MACEIRAS

O alumnado de 6º acaba de rematar o Club de Lectura co encontro coa escritora do libro que lles achegou á selva amazónica, "A folla azul", ás súas tribos e aos problemas medioambientais.

     

Andrea é licenciada en filoloxía hispánica e en Filoloxía galega, doutorada na Universidade da Coruña.

Publicou a súa primeira novela, Proxecto bolboreta no ano 2007, tras gañar o I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior.

En 2009 gañou o premio Meiga Moira con Violeta tamurana, publicada o ano seguinte.

En 2012 publica O segredo do lagarto arnal, e un ano despois sae Nubes de evolución, finalista do premio Fundación Caixa Galicia e nomeado mellor libro xuvenil dese ano nos Premios Fervenzas Literarias.

No ano 2014 publica Miña querida Sherezade, obra gañadora do premio Meiga Moira, e ese mesmo ano publica tamén Volverás, golfiño, finalista do Premio Merlín.

Ao ano seguinte, en 2015, gaña o premio Jules Verne con Europa express, obra publicada ese mesmo ano e pouco tempo despois traducida ao inglés. Tamén foi recoñecida como a mellor novela xuvenil nos Premios Fervenzas Literarias.

En 2018 gañou o Premio Lazarillo á creación literaria por Conta nove estrelas, segundo o xurado: "unha obra ben urdida e entramada cunha linguaxe poética con belísimas escenas que te transportan a un mundo galáctico. Unha aposta á imaxinación desbordante e á ciencia ficción”.[1]

Tamén no 2018 queda finalista do Premio Raíña Lupa con O que sei do silencio, publicada ese mesmo ano e traducida ao español en 2020.

En 2020, concedéronlle o premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación de Galicia como a autora máis lida. E ese mesmo ano, gañou o premio Merlín de literatura infantil con A folla azul, publicada en 2021.

No ano 2021, gañou o XV premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña coa obra Que se me pare o corazón se te esquezo.

En marzo de 2022 gañou o XIX Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil coa obra Alma de elefante, que verá a luz o 31 de marzo de ese mesmo ano.

Deixámosvos imaxes do encontro.


















No hay comentarios: