viernes, 6 de octubre de 2017

ILLA FANTASÍA, A ESCOLA DO UNICORNIO

A mestra de Sada e coordinadora do Proxecto Illa da Fantasía, Esperanza Arias, estivo o pasado 3 de outubro có profesorado do noso cole presentándonos...







“Illa Fantasía: A Escola do Unicornio”

 É un proxecto de animación á lectoescritura cuxo obxectivo principal é mellorar a competencia en comunicación  LINGÜÍSTICA do alumnado a través do fomento da imaxinación, a fantasía e o  pensamento creativo.

Desde a concepción dunha  escola na  rúa, unha escola que vai máis aló dun edificio, unha escola onde todo o mundo ten o seu lugar  :”A Escola do Unicornio”




Este curso, ademais das actividades que vén promovendo tanto a nosa Biblioteca, "Xardín do Pasatempo" como a Biblioteca Municipal "Ramiro Fonte", o alumnado dende 1º a 4º de Primaria participará neste proxecto, mentres o alumnado de E.I. continuará coas sesións de animación de kalandraka e os maiores coa "Voz na Escola" e un novo programa de "Animación á Lectura Dixital"

Boa andaina a tod@s!!!

No hay comentarios: