Esta asociación achegouse ao nosos cole hoxe co espectáculo "TI TAMÉN CONTAS"posto en escena pola "TROPA DE TRAPO" que combinou historias contadas con música en directo cun obradoiro participativo.
Tanto o alumnado ( 3º, 4º, 5º e 6º de primaria) como o profesorado pasaron un bo rato de diversión e reflexión, a partires de tres contos: "O home feliz", "A pelota" e "Tumbe".
Ao remate dos contos debateuse co alumnado a relación entre a abundancia e a felicidade, o traballo infantil e as súas consecuencias ou a importancia da cooperación e a solidariedade.
E logo o debate continuou nas aulas. Estupenda experiencia!
No hay comentarios:
Publicar un comentario