CLUB DE LECTURA

viernes, 6 de octubre de 2017

VOLUNTARIADO PARA O MANTEMENTO DA BIBLIOTECA


O equipo de mantemento da biblioteca é o alumnado de quinto de Primaria.







Co obxectivo de involucrar ao alumnado na colaboración, na organización e xestión da biblioteca escolar e despois de explicarlles en que vai consistir o seu traballo, acceden con ilusión e entusiasmo a esta actividade colaborativa tan necesaria para a biblioteca pero desenvolvida dun xeito case lúdico.










De xeito voluntario e por quendas todos os días despois do recreo axudan ao bo funcionamento da biblioteca: Devolvendo aos andeis os préstamos, colocando os tellos nas novidades, revisando os materiais complementarios, recibindo aos pequenos e presentando os actos extraordinarios,...







A realización desta actividade colaborativa por parte do alumnado valórase moi positivamente en relación cos valores de solidariedade e compromiso e á adquisición das competencias básicas. O traballo realizado é recoñecido por todos os membros da comunidade educativa, sobre todo por parte dos seus compañeiros. A utilización dunha indumentaria identificativa facilita as súas actuacións e o seu traballo de axuda e colaboración.



Ollade que xa comezaron a traballar!!! Facilitemos e agradezamos tod@s a súa tarefa!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario