CLUB DE LECTURA

jueves, 2 de mayo de 2019

Os Maios na escola


Vimos de festexar os Maios no noso cole.

As orixes da festa:A Festa dos Maios, naceu na prehistoria cando os primeiros homes se preguntaban sobre esa forza renovadora que cada ano , tras a época das chuvias e o frío facía abrota-la semente e revestía os campos de variadas cores. Nunha sociedade neolítica a dependencia do ciclo regular das estacións, da forza da natureza provocan o nacemento do culto   a "deidades" do mundo vexetal coma ás árbores. Debíalles sorprender a aqueles homes a coincidencia da estación primaveral coa fecundidade animal que non tardaron en relacionar, tamén, coa fertilidade da especie humana; de aí nacerá o culto á fecundidade e ós amuletos máxicos.


Evolucionou ao longo da historia esta tradición mais no s.XIX tan solo se manterán naqueles núcleos de poboación onde ainda haia un continxente de mozos dispostos a conserva-lo costume. Tamén nas vilas prodúcese o fenómeno de quedar reducido a festas de rapaces , cecáis polo carácter petitorio que proporcionaba a mocedade alguis cartos cousa nada desdeñable , e, como non , pola dimensión lúdica e de sátira social na que se foran especializando estes maios vilegos (Pontevedra, por exemplo).

No s. XX veremos nacer concursos que premian as coplas máis audaces e graciosas. Pero tamén por iso son reprimidas novamente en tempos das dictaduras , como a de Franco , nos que non se toleran críticas polo que van esmoecendo obxecto da censura e da prohibición. Chegan ,pois, tremendamente esgotadas estas tradicións ós nosos días producto dunha nova sociedade que ten mecanismos moi potentes de uniformización da cultura, causando o desarraigo das expresións culturais seculares propias, específicas de cada pobo.

Mais recentemente vívese un espertar esperanzador destes festexos, adaptados ás novas realidades. Colectivos , concellos, escolas... conscentes da necesidade de pasar o relevo deste legado cultural as xeneracións que veñen detrás , seguros de que a variedade cultural é un signo distintivo da humanidade.



A celebración no noso cole: O luns o alumnado coa axuda das súas familias recolleron por montes e hortas xestas, buxos, fiúnchos, calas, margaridas e outros verdes e flores para o último día de abril prepara o maio da escola, ademais achegaron laranxas e ovos baleiros para as grilandas. Este curso fixemos 3, o de E.I., o de 1º, 2º e 3º de primaria e o máis grande para os máis vellos da escola, 4º 5º e 6º de E. Primaria.




Todos os nenos e nenas axudaron na realización do maio, os máis pequenos coa colaboración das familias e os maiores, xa máis autónomos, coa axuda dos mestres e mestras.
Fixeron grilandas de calas i hedras, prepararon as flores, puxeron o verde, etc.










Logo dunha 1ª parte da mañá de traballo veu o momento da festa: Desfile e música. Cada grupo amosou o seu maio a todo o cole e cantou a súa cantiga darredor do maio.












O concurso na vila: O 1º de maio, como cada ano o concello organiza un concurso. Os maios reúnense no Xardín de Lombardero e desfilan polo casco histórico, detrás dos gaiteiros e pedindo para o maio,  cara a Alameda.





 No palco da alameda cántanse as coplas dos maios mentras os xuices valoran os maios, de colexios e  asociacións culturais principalmente.

Díptico das nosas coplas dos Maios.

Letra das coplas dos 3 Maios.










 Todos os maios fomos premiados cunha bolsa cun agasallo e unha merenda. E ademais un diploma para os gañadores.





 Que ben o pasamos e canto aprendimos! Ollade nesta montaxe!



1 comentario:

  1. This post is really amazing
    Village Talkies a top-quality professional corporate video production company in Bangalore and also best explainer video company in Bangalore & animation video makers in Bangalore, Chennai, India & Maryland, Baltimore, USA provides Corporate & Brand films, Promotional, Marketing videos & Training videos, Product demo videos, Employee videos, Product video explainers, eLearning videos, 2d Animation, 3d Animation, Motion Graphics, Whiteboard Explainer videos Client Testimonial Videos, Video Presentation and more for all start-ups, industries, and corporate companies. From scripting to corporate video production services, explainer & 3d, 2d animation video production , our solutions are customized to your budget, timeline, and to meet the company goals and objectives.
    As a best video production company in Bangalore, we produce quality and creative videos to our clients.

    ResponderEliminar