jueves, 16 de mayo de 2019

Letras Galegas

Hoxe foi o Festival das Letras Galegas en 1º lugar a rapazada de 6º achegounos  ao persoeiro ao que está adicado este ano o Día da Letras Galegas, Antonio Fraguas Fraguas.


Preme para máis información

2ª parte: XI Certame Poesía "Couceiro Freijomil":
Dende hai 11 anos neste día lense as poesías finalista do Certame de Poesía. CEIP “Couceiro Freijomil”convocado no Festival  do Teatro e da Poesía
Este curso todas as poesías fálannos das comidas, dende o almorzo ata a cea pasando pola parva do recreo; das froitas, do peixe, da carne e tamén das larpeiradas.
 Poesías cheas de azucre,  e sal, de  sobremesas e primeiros pratos. e todas elas deséxannos Bo proveito!


E.I. "Da horta á mesa"


As mestras do equipo da biblioteca transmítennos os seus parabéns para todo o alumnado do colexio por cada un dos versos achegados a este XI Certame de Poesía CEIP “Couceiro Freijomil”.
Tamén queren agradecer aos titores e titoras que traballaron a poesía nas súas aulas, pois alén de incentivar a lectura, levan  aos seus alumnos e alumnas mesmo a mergullarse nese mundo marabilloso do poema, como forma de se expresar, reivindicar, falar ao mundo, do mundo, ou do seu propio mundo.

A vindeira semana estará nos andeis de produciñon propia da biblioteca un  libro recompilatorio deste certame.


Para rematar o Festival entregáronse tamén os premios do Álbum Bilingüe.
Esta actividade encheu, ao soar a sirena do recreo cada día desta primavera, de cromos, balbordo e ledicia, a entrada do noso cole.
As profesoras que coordinaron esta actividade fixeron entrega dos premios aos primeiros grupos que completaron o álbum co vocabulario en galego e inglés do PDI deste curso. Premios que son para todas as aulas pois todos e todas participamos con entusiasmo.





Mais a mañá traíanos máis sorpresas :
Apadriñamentos lectores: Aínda que hai anos que temos a actividade de "Ler aos máis pequenos" hoxe fíxose extensiva a toda a escola e sacámolas das aulas cara fóra, que ben o pasaron tanto oa padriños e madriñas como afillados e afilladas compartindo lectura.






Para rematar a festa nada mellor que bailar. O alumnado de 4º de Primaria aprendeunos a danza que compartiron hai uns días nunha fermosa actividade "Un mar de muiñeiras" con outros colexios de Ferrolterra.





Aquí vai o resumo visual da nosa mañá:



Queremos agradecer a participación do alumnado e a estreita colaboración entre os Equipos de Dinamización da Lingua Galega,  de Actividades Complementarias, das TIC¨s e do Equipo da Biblioteca Escolar. Sen todos vós este acto non sería posible.

No hay comentarios: