martes, 28 de mayo de 2019

Achégase o Fin de Curso



A piques de rematar maio temos que pensar na recollida da biblioteca:


  • Revisaremos os préstamos e facemos últimas devolucións.

  • Faremos xa o último cambio das Maletas de Güino.

  • Revisaremos as Maletas Viaxeiras que xa visitaran a todas as familias e baixaremolas para o "Xardín do Pasatempo"


Güino e o Equipo de Axudantes da Biblioteca terán que deixar todo ben colocado, catalogado e organizado cara o curso que vén, polo que agradecen a vosa colaboración para entre todos e todas facer unha biblioteca ordenada e acolledora onde poidamos pasar tempos de lecer e aprendizaxe.




Veñen de ampliar e reestruturar a sección de E.I., onde tamén lemos nos recreos os de Primaria ou facemos diferentes actuacións, contacontos, presentacións, clubes de lectura, etc.
Mirade que ben quedou!




Güino ten gardada no peto algunha sorpresa máis cara o curso que vén! Para axudar ao Equipo da Biblioteca no labor de recoller e preparar as novidades cara o vindeiro curso a partires do 3 de xuño a biblioteca permanecerá pechada nos recreos.
Tedes na marxe esquerda unha enquisa para coñecer a vosa opinión sobre o funcionamento da biblioteca. É para o alumnado de 3º a 6º e para o profesorado.


Grazas pola vosa colaboración! 

No hay comentarios: