miércoles, 25 de noviembre de 2026

PDI. 1º A . BLUO LANZA UN RETO A RAPAZADA DA AULA.

O alumnado de 1ºA recibiu unha mensaxe moi especial... un vídeo da nosa mascota de aula, Bluo, onde nos lanzaba o reto de que lle explicáramos como funciona iso dos días, das noites e das estacións aquí na Terra. El é un pequeniño extraterrestre que se comunicou con nós hai un tempiño e a nosa clase púxolle nome. Por suposto, aceptamos o reto e puxémonos mans á obra! Visualizamos uns vídeos que nos axudaron a entender un pouco máis como funciona a rotación e a translación e experimentamos estes movementos... co noso corpo! Empregamos lanternas e, a dicir verdade, pasámolo xenial! Despois, fixemos dous debuxos por equipos cooperativos: un para explicarlle a Bluo o día e a noite e outro para as estacións do ano. Esforzámonos un montón!

No hay comentarios: