lunes, 23 de noviembre de 2026

Formación do CEIP Couceiro Freijomil sobre lectoescritura na etapa de infantil e primaria.CFR FERROL

O claustro do CEIP Couceiro Freijomil,o xoves día 19 de novembro,participou nunha formación impartida por Patricia Pena, mestra do CPI Virxe de Cela de Monfero, centrada na lectoescritura nas etapas de Educación Infantil e Educación Primaria.Esta formación forma parte dunhas das liñas de formación do claustro para este curso 2026/2027.

 Esta xornada permitiunos adquirir novos coñecementos, compartir experiencias e coñecer propostas e estratexias para seguir mellorando o acompañamento do alumnado no desenvolvemento das súas competencias lectoras e escritoras. 
 Desde o centro agradecemos a Patricia Pena a súa disposición e xenerosidade por compartir os seus coñecementos e experiencias. Continuamos así avanzando na nosa formación docente, coa finalidade de ofrecer unha resposta educativa cada vez máis axeitada e beneficiosa para toda a comunidade educativa.

No hay comentarios: