miércoles, 4 de noviembre de 2026

PDI. Samaín, Magosto e... Cohete espacial! 1º e 2º de Educación Primaria

En relación ao Samaín e Magosto, este ano dende o 1º ciclo (1º e 2º de primaria) festexamos o Samaín e o Magosto con diferentes actividades: creacións de cestas con bricks de leite para comer as castañas; baile e castañada no patio do colexio xunto ao resto de cursos; unha visita á exposición de libros de Samaín; creación de cabazas con materiais de outono, seguindo o reto de Güino e contribuíndo ao coidado do noso ecosistema; lectura ás escuras empregando lanternas; e apadrinamento lector, no que os cursos máis altos veñen a compartir cos rapaces máis pequenos os contos que crearon sobre o Samaín. 

Con respecto ao PDI, nas aulas de 2º de Primaria creamos un cohete espacial con material de refugallo para lanzarnos nunha aventura espacial e conocer o noso planeta, así como o resto de planetas e astros do Sistema Solar.

Así, realízanse diversas actividades para construir o aprendizaxe do alumnado.

















No hay comentarios: