Preme e visita o blog de Orientación! |
Lembrades a mensaxe de Güino?
Para lelo preme na imaxe! |
Pois Martín atendeu a petición de Güino e mandounos este "booktrailer".
Parabéns Martín!
Alba, tamén atendeu ao reto de Güino, e agasállanos o Día do Libro Infantil e Xuvenil con outra recomendación.
Grazas, Alba!
Preme e visita o blog de Orientación! |
No Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, recoñecemos e celebramos os dereitos das persoas con autismo. A celebración deste ano vén no medio dunha crise sanitaria como non lembra outra das nosas vidas, unha crise que crea un risco desproporcionado para as persoas con autismo como consecuencia do coronavirus e os seus efectos sobre a sociedade.
Na imaxe tedes a ligazón que vos levará a coñecer moito máis sobre o autismo achegándonos a esta realidade tamén a través da literatura.
Este curso tiñamos pensado, como unha actividade máis das desenvolvidas no PDI "No Couceiro pola Igualdade" a rotulación de todas as estancias da escola con pictogramas. Ánimo, á volta farémolo!
Preme e le! |
Güino escolleu un conto con pictos para achegarnos a esta linguaxe que todos e todas seguro que entendemos, é unha linguaxe, doada para todos e todas nós, que facilita a integración e a comunicación con persoas con dificultades na linguaxe. Anímate a lelo!
Nestes vídeos podemos ver como poden comportarse algús casos de autismo e como podemos comportarnos nós con eles.
Gustáronvos? A que xa sabemos algo máis das persoas con síndrome autista?
No hay comentarios:
Publicar un comentario