Este curso imos ter uns Maios diferentes dada a situación de confinamento en que vivimos. Unimonos á proposta do concello que nos di:
"A Festa dos Maios é, sen dúbida, unha das nosas tradicións de máis arraigamento.A exaltación da luz, das flores , da natureza e do autóctono chega a nosa vila todo os anos o día 1 de maio en forma de figuras florais e coplas que enchen a noso Xardín e Alameda de rapazas, rapaces e cores.Este ano non poderemos festexala coma sempre, pero non queremos deixar de acudir a esta cita tan eumesa.Por iso, propoñemos a celebración do Maio na casa.Podedes confeccionar un maio con material de refugallo e facer figuras e flores con papel, cartón, plástico ou calquera elemento que se vos ocorra. Coma sempre, a temática será libre e non esquezades que entre os seus elementos decorativos haxa flores, pois esa é a base dos nosos maios, pero este ano terán que ser feitas con material de reciclaxe.Cando teñades a vosa creación rematada, subide unha foto ou pequeno vídeo ás redes sociais coa etiqueta #pontedeumemaiosnacasa e etiqueta ao Concello de Pontedeume.Tamén podedes acompañar o voso maio dalgunha copla!E así, aínda que dun xeito diferente, non perderemos a ocasión de festexar esta tradición tan antiga e tan eumesa.Que a cultura non pare!"
Cada ano nós ensaiabamos coplas feitas nas aulas ou tradicionais que seguro que lembrades ben.
No blog de música podedes recordalas. Premede na imaxe e visitade couceiromusical.
Faciamos os Maios nos corredores coa axuda das familias. Mirade a entrada do ano pasado!
Preme! |
Logo de bailar os Maios no patio o 1ª de Maio íamos ao concurso do Concello, cantando e pedindo para o noso Maio. Lembrades esta copla? Fala de lugares da nosa vila e ten o retrouso popular común a moitas zonas de Galicia.
Eí vén, eí vén
eí vén o Maio longo!
Eí vén, eí vén,
eí vén por Campolongo.
Eí vén por Vilar,
polo Barro xa pasoou.
Polo Souto está
chega eiquí e vai cantar:
chega eiquí e vai cantar:
Bótenos o Maio, Sr. cabaleiro.
se non ten o Maio,
bótenos diñeiro.
Se non ten o Maio.
bótenos diñeiro,
bótenos o Maio Sr. cabaleiro.
E víchedes o Maio?
E víchedelo ben?
Quedádevos con Deus ata o ano que vén!
Eí vén, eí vén...
Pois este ano tamén imos participar nos Maios do Concello e as familias axudaranos en casa a facer as flores para o noso maio con materiais de reciclaxe. Tedes titoriales no facebook do cole, na páxina do Concello, nos blogs das aulas ou na rede.
Ánimo, o Couceiro volvera encher de flores e cantigas o 1º de maio eumés. Que non se perdan as boas tradicións!
Xa están todos os Maios na rede! Aquí deixamos os de 5ª A e B, olládeos premendo nas imaxes!
Xa están todos os Maios na rede! Aquí deixamos os de 5ª A e B, olládeos premendo nas imaxes!
Parabéns, traballo ben feito!
No hay comentarios:
Publicar un comentario