CLUB DE LECTURA

jueves, 2 de abril de 2020

2 DE ABRIL Día Internacional do Libro Infantil e Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.


Preme e visita o blog de Orientación!
Dende 1967, o 2 de abril, a Organización Internacional para o Libro Xuvenil celebrou o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen . Como en anos anteriores (aínda que este sexa diferente) preténdese promover a boa lectura infantil e xuvenil dos libros e a lectura entre os máis pequenos.
 Lembrades a mensaxe de Güino?
Para lelo preme na imaxe!
























Pois Martín atendeu a petición de Güino e mandounos este "booktrailer".



Parabéns Martín! 
Alba, tamén atendeu ao reto de Güino, e agasállanos o Día do Libro Infantil e Xuvenil con outra recomendación. 



Grazas, Alba!


E felicidades tamén a todos e a todas neste Día do Libro Infantil , aproveitadehoxe para reler un dos vosos libros favoritos e enviádenos a vosa recomendación a bibliocouceiro@gmail.com



Preme e visita o blog de Orientación!

No Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, recoñecemos e celebramos os dereitos das persoas con autismo. A celebración deste ano vén no medio dunha crise sanitaria como non lembra outra das nosas vidas, unha crise que crea un risco desproporcionado para as persoas con autismo como consecuencia do coronavirus e os seus efectos sobre a sociedade.


Na imaxe tedes a ligazón que vos levará a coñecer moito máis sobre o autismo achegándonos a esta realidade tamén a través da literatura.

Este curso tiñamos pensado, como unha actividade máis das desenvolvidas no PDI "No Couceiro pola Igualdade" a rotulación de todas as estancias da escola con pictogramas. Ánimo, á volta farémolo! 


Preme e le!
  Moi a miúdo, as persoas con autismo teñen dificultades no desenvolvemento da linguaxe e ás veces na intención comunicativa. Ademais, as persoas con autismo procesan moi ben as imaxes. Por todo isto, os pictogramas son un dos mellores medios de comunicación con estas persoas, a partir de aí para estimular a linguaxe oral e, en todo caso, proporcionarlles un sistema de comunicación inicial.


Güino escolleu un conto con pictos para achegarnos a esta linguaxe que todos e todas seguro que entendemos, é unha linguaxe, doada para todos e todas nós, que facilita a integración e a comunicación con persoas con dificultades na linguaxe. Anímate a lelo!



Nestes vídeos podemos ver   como poden comportarse algús casos de autismo e como podemos comportarnos nós con eles.








Gustáronvos? A que xa sabemos algo máis das persoas con síndrome autista?

No hay comentarios:

Publicar un comentario