Durante o 1º trimestre e dentro do Club das Letras o alumnado de 6º coñeceu, da man de Sabela e Ilenia, as profes que dinamizaron o club, "Usha" de María Reimóndez.
Achegáronse ás diferenzas culturais e sociais da India, viron a importancia do respecto cara a outras linguas e costumes e da aprendizaxe a carón de outros pobos.
A través da lectura e da conversa, reflexionaron sobre os valores que deben guiar a nosa conducta nunha sociedade democrática e globalizada.
Deíxannos un pequeno vídeo para animarnos á lectura de "Usha". Tamén temos "Volvo, o regreso de Usha" nos andeis da nosa biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario