Este ano imos adicar o Día da Muller e a Nena na Ciencia a unha científica máis próxima:
María Wonenburguer, coñecédela?
Preme e infórmate! |
O 11 de febreiro virán Mª José Souto e Ana Tarrío, profesoras da Universidade da Coruña para falar de Mª Wonenburguer ao alumnado maior da escola , pero antes podes investigar sobre esta muller tan importante para a ciencia que ata un premio leva o seu nome.
Ela é unha matemática que estudou e desenvolveu a Álxebra. Sabedes o que é? No instituto avanzaredes nela agora chéganos con saber que podemos dividir a álxebra en:
- Álxebra elemental: estuda as regras que gobernan as ecuacións nas que se empregan símbolos abstractos para denotar cantidades numéricas, e a resolución de problemas polo emprego destes símbolos e regras.
- Álxebra abstracta: tamén chamada álxebra moderna. Estuda estruturas alxébricas definidas axiomaticamente, como os grupos, aneis ou espazos vectoriais. Nela inclúense entre outras:
- Álxebra lineal: estuda as propiedades dos espazos vectoriais e as matrices.
- Álxebra universal: estuda as propiedades comúns a grandes familias de estruturas alxébricas.
A súa vida profesional estivo marcada polo feito de ser muller pero diso falarannos o Día da Muller e a Nena na Ciencia.
Aquí tedes unhas imaxes desta actividade:
Parabéns a Mª José Souto e Ana Tarrío e moitas grazas por vir á nosa escola para achegarnos a figura de María Wonenburguer,
salientable matemática que con moito esforzo triunfou nun mundo moi masculinizado e rematou axiña a súa labor profesional, a pesar da súa gran valía, probablemente marcada pola súa condición feminina nunha sociedade chea de estereotipos machistas, .
Aquí tedes unhas imaxes desta actividade:
Na nosa biblioteca este curso temos bastante bibliografía nova sobre a muller e tamén sobre as mulleres na ciencia pero estes días chegounos un cómic.
Líchedes xa o novo cómic da biblioteca? Igual non vos deu tempo, aquí tedes un video a maneira de adianto.
Interesante, non?
Podes ler o cómic, ademais de na biblio, premendo na súa portada:
No hay comentarios:
Publicar un comentario