Este ano o tema do Día Internacional das Persoas con Discapacidade é "Participación e o liderado das persoas con discapacidade". Céntrase no empoderamento das persoas con discapacidade para un desenvolvemento inclusivo, equitativo e sustentable e considera a discapacidade como unha cuestión transversal na implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
Nos Obxectivos faise referencia á discapacidade, especificamente nas partes relacionadas coa educación, o crecemento económico e o emprego, a desigualdade e a accesibilidade dos asentamentos humanos.
No noso centro apostamos pola inclusión e o respecto ás diferenzas e realizáronse diferentes actividades nestas datas nas aulas, murais, proxeccións, visitas , etc.
Traballando de xeito interdisciplinar dentro do PDI deste curso: "No Couceiro pola Igualdade" realizamos diversas actuacións que tiveron como obxectivo coñecer, respectar e valorar as realidades das persoas con discapacidade, a súa vontade de integración, de superación, así como as dificultades que atopan na nosa sociedade.
Actividade 5º e 6º, preme para saber máis. |
Mural 5º E.I., preme e visita a actividade de 1º de EP |
O acto central para todo o cole deixámolo para o 5 de decembro, xa que foi o día en que poideron acompañarnos os mozos e mozas de ASPACE.
Preme e infórmate sobre ASPACE. |
Primeiro estiveron co alumnado de 3º a 6º de Primaria e explicáronnos moitas cousas comezando por achegarnos ao concepto de parálise cerebral, logo visitaron aos máis novos e novas do colexio:
- A parálise cerebral é unha discapacidade producida por unha lesión no cerebro sobrevinda durante a xestación, o parto ou durante os primeiros anos de vida do neno. Xeralmente conleva unha discapacidade física en maior ou menor grao, pero tamén pode ir acompañada dunha discapacidade sensorial e/ou intelectual.
- Amosaron tamén diferentes maneiras de comunicarse, falándonos, lendo, comunicándose co ordenador, con carteis,...
- Expresáronnos os seus gustos, como lles gusta ser tratados e como non lles gusta, as súas inquedanzas e os seus desexos:
Foi unha xornada ben interesante que fixo que o noso alumnado coñecera e valorara a capacidade de superación destes 5 mozos e mozas que, de xeito alegre e positivo, tan ben nos transmitiron a súa realidade.
Moitas grazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario