CLUB DE LECTURA

viernes, 6 de diciembre de 2019

3 de Decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade.


Este ano o tema do Día Internacional das Persoas con Discapacidade  é "Participación e o liderado das persoas con discapacidade". Céntrase no empoderamento das persoas con discapacidade para un desenvolvemento inclusivo, equitativo e sustentable e considera a discapacidade como unha cuestión transversal na implementación dos   Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.



Nos Obxectivos faise referencia á discapacidade, especificamente nas partes relacionadas coa educación, o crecemento económico e o emprego, a desigualdade e a accesibilidade dos asentamentos humanos.







No noso centro apostamos pola inclusión e o respecto ás diferenzas e realizáronse diferentes actividades nestas datas nas  aulas, murais, proxeccións, visitas , etc.
Traballando de xeito interdisciplinar dentro do PDI deste curso: "No Couceiro pola Igualdade" realizamos diversas actuacións que  tiveron como obxectivo  coñecer, respectar e valorar as realidades das persoas con discapacidade, a súa vontade de integración, de superación, así como as dificultades que atopan na nosa sociedade.

Actividade 5º e 6º, preme para saber máis.







Mural 5º E.I., preme e visita a actividade de 1º de EP




















O acto central para todo o cole  deixámolo para o 5 de decembro, xa que foi o día en que poideron acompañarnos os mozos e mozas de ASPACE.

Preme e infórmate sobre ASPACE.

Primeiro estiveron co alumnado de 3º a 6º de Primaria e explicáronnos moitas cousas comezando por achegarnos ao concepto de parálise cerebral, logo visitaron aos máis novos e novas do colexio:


  • A parálise cerebral é unha discapacidade producida por unha lesión no cerebro sobrevinda durante a xestación, o parto ou durante os primeiros anos de vida do neno. Xeralmente conleva unha discapacidade física en maior ou menor grao, pero tamén pode ir acompañada dunha discapacidade sensorial e/ou intelectual.

  • Amosaron tamén diferentes maneiras de comunicarse, falándonos, lendo, comunicándose  co ordenador, con carteis,...






  • Expresáronnos os seus gustos, como lles gusta ser tratados e como non lles gusta, as súas inquedanzas e os seus desexos: 



Foi unha xornada ben interesante que fixo que o noso alumnado coñecera e valorara a capacidade de superación destes 5 mozos e mozas que, de xeito alegre e positivo, tan ben nos transmitiron a súa realidade.
 Moitas grazas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario