A celebración dos magostos é unha das máis antigas tradición galegas. Esta festa coincide coa época da recollida da castaña polo que, entre outros aspectos, ten un carácter de agradecemento da colleita recibida. Pero o magosto tamén ten un simbolismo de festa dedicada aos nosos defuntos, non por nada a súa celebración coincide co mes de Santos.
Polo San Martiño, no mes de outubro, as castañas xa maduras empezan a abrilos ourizos e a caer ao chan. A estas primeiras castañas en caer chámanlle nalgunhas zonas do interior “as do engazo”, xa que son recollidas co engazo ou angazo. Comeza entón a época dos magostos en Galicia. Esta celebración, cínguese normalmente ás datas comprendidas entre o 1 de novembro, Día de Tódolos Santos, e o 11 de novembro, festividade de San Martiño, aínda que tamén se poden celebrar nos días anteriores ou posteriores a estas datas, ou mesmo, dende mediados de outubro ata mediados de novembro.
A etimoloxía da palabra magosto non está clara. Para algúns lingüistas esta denominación viría do latino Magnus-ostus, Magnus Ustus ou Magum Ustum co significado de grande lume, grande queima ou montón queimado, significados todos eles que fan referencia ao significado do lume nesta celebración.
Respecto á orixe desta atiquísima festa, tampouco se sabe a ciencia certa de onde ven, pero parece innegable que existen conexións con outras festas do lume, xa sexan as fogueiras que se facían en Galicia na Noiteboa e no Nadal, ou as celebradas nos días de San Silvestre e de San Xoán.
No magosto conflúen tres elementos principais: as castañas, o viño e o lume. As veces estas festas acompáñanse doutro tipo de viandas da terra como os chourizos e o pan. Son moitas as crenzas tecidas arredor dos magostos, pois hai quen cre que cada castaña que estoura no lume supón a liberación dunha alma encerrada no purgatorio. En canto ao seu aspecto simbólico, a castaña podería simbolizala inmortalidade, ao ser un froito que provén dunha árbore de longa vida.
Agora preme na imaxe e poderás ler moito máis sobre as castañas, as súas variedades, os seus nomes, como se chama o verme da castaña, etc.
Entra para saber máis! |
Ao tempo do magosto na nosa escola adoitamos festexar o Día do Peón. A rapazada maís vella do cole pescudou no vocabulario propio deste xoguete e fixo un mural ben chulo. Ollade!
Preme e xoga! |
Logo as nenas e nenos de 6ºA utilizando parte do vocabulario do peón fixeron en grupo os diálogos que podedes ver neste vídeo.
Proba agora a xogar ao pasapalabra do peón!
Este ano o Día de San Martiño celebramos o Magosto e mais o Día do Peón. Mágoa que o tempo non permitira que o fixeramos fóra, nos patios, polo que as familias non poideron acompañarnos. Aínda así bailamos, comemos castañas, xogamos á buxaina...Que ben o pasamos! Non?Proba agora a xogar ao pasapalabra do peón!
Xogamos? |
No hay comentarios:
Publicar un comentario