Hoxe realizaron un primeiro acercamento da man de Xosé Antonio Lozano García, licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela que ampliou a súa formación en Portugal, posúe o Premio de Narracións Breves Manuel Murguía (Arteixo) e na actualidade é profesor no IES "Fraga do Eume" .
Xosé Antonio, introduciu á rapazada dos sextos na visión do mundo exposta por Mahoma no século VII, amosándolles como no Corán incluía melloras para a muller de aqueles tempos, facéndolles ver como na segunda metade do século pasado as mulleres islámicas tiñan unha integración social no mundo cultural, laboral e académico superior á situación actual, froito de fundamentalismos relixiosos que someten a todo o pobo pero máis ás mulleres.
Mulleres afganas nos 70 e na actualidad.Premede para acceder a máis información. |
Tamén deu unhas pinceladas sobre o Budismo, a filosofía de Buda, o positivismo das súas ideas, a diferencia ao non ser unha relixión con un Deus e a situación da muller nos países budistas.
Preme para ter máis información. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario