Este ano imos botar unha ollada á MULLER que traballa no MAR.
O alumnado de 5º e 6º está a investigar sobre os traballos desenvoltos polas mulleres da nosa zona no ámbito mariño: Mariscadoras, peixeiras, redeiras e traballadoras nas conserveiras centrarán as súas pescudas.
Ao remate exporán nun gran mural as informacións destas catro profesións e invitarán a todo o cole a coñecer e valorar o traballo de moitas das súas nais, avóas, tías, veciñas, etc.
Abelardo Miguel, pintor eumés,, representou moitas mulleres do mar |
Para abrir boca traballaron con montaxes que falan do papel da muller na economía galega, en xeral, e nos traballos de explotación das riquezas do mar en particular.
Informáronse para recibir nas aulas a familiares que lles falaron máis polo miúdo do seu traballo.
Veu Mabel, a peixera dun supermecado da vila, que é a nai de Óscar,un alumno de 6º.
Falounos da súa formación, das diferentes tarefas que realiza no seu traballo, dos tipos de peixes, da súa selección e coidado, da importancia da seguridade e hixene, etc.
O alumnado de 5º convidou a Loli, que é mariscadora e veu cargada con todas as súas ferramentas e transmitiunos diversos aspectos do seu oficio, o cultivo nos parques, diferentes zonas de extracción, horarios de traballo, prezos dos moluscos,...
E a última conferencia , pero non menos importante foi a de Carmen, a tía avoa de Carla e Brais, de 6º.
Carmen, que xa ten 80 anos, falounos da vida tan diferente dos nenos, e sobre toda das nenas, da súa xeración con respecto ás nenas e nenos de agora. Que cedo comezou a traballar! Na casa, indo á marea, servindo,...
Sobre todo centrou a súa charla no tempo que traballou no País Vasco nunha conserveira de bonito e anchoa e en Ares na fábrica de salazón. Traballos só de mulleres, que ela desenvolveu arredor de 10 anos moi a gusto a pesar da dureza e poucas garantías laborais.
Aquí queda a montaxe desta estupenda experiencia.
GRAZAS a estas marabillosas MULLERES TRABALLADORAS!!!
A experiencia de vida destas mulleres serviunos para coñecer os principais oficios relaccionados co mar das eumesas.
O alumnado de 5º e 6º elaborou un gran mural para amosar a gran importancia destes traballos principalmente femininos.
Con textos e imaxes e convidando a participar a todo o colexio esperamos por en valor a importancia do mar e das mulleres do mar na economía da nosa vila.
O mural rematarémolo mañá 8 de MARZO entre todo o cole achegando a valoración do traballo no mar da nosa nai, tía, avoa, veciña...
Un ano máis Güino seleccionou unha colección de libros que nos falan de igualdade, de colaboración, de coeducación...
Podedes collelos para ler na clase ou para ler en familia nas vosas casas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario