A
Organización Consultiva Marítima Intergobernamental(OCMI) das Nacións Unidas,
con sede en Londres, decidiu en 1978 que o día 17 de marzo de cada ano se celebre o Día
Internacional do Mar.
A
ONU nomea os Días Internacionais para sensibilizar, concienciar, chamar a
atención, sinalar que existe un problema sen resolver, un asunto importante e
pendente nas sociedades para que, a través desa sensibilización, os gobernos e
os estados actúen e tomen medidas ou para que os cidadáns así o esixan aos seus
representantes.
O
80% das substancias que contaminan o mar
teñen a súa orixe en terra. Aproximadamente
un terzo da contaminación que chega aos mares empeza sendo contaminación
atmosférica pero despois acaba caendo aos océanos. As verteduras son a
principal fonte de contaminación das costas. Na maior parte dos países en vías de desenvolvemento e en moitos dos desenvoltos as
verteduras das cidades adoitan ir directamente ao mar sen depuración previa .
O mar está en perigo!!!
Nos seguintes videos podedes coñecer algúns dos perigos do mar.
Mañá, venres 16, á entrada realizaremos un pequeno acto festivo onde cantaremos e recitaremos poemas .
Moitas grazas a tod@s pola vosa participación!
Nesta última semana do 2º trimestre o alumnado de sexto adicouse a investigar, e plasmar a información sobre a contaminación do mar.Este tema, é de gran interese, tanto para o alumnado de sexto, coma para calquera un pouco preocupado pola contaminación de gran parte do noso planeta.
Traballamos en equipo e plasmamos as nosas pescudas nuns "lapelabooks2, libros de lapelas, ben chulos!
Comprobádeo vós mesmos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario