Cada curso aportou os produtos táctiles da súa investigación e colgou no blog os materiais dixitais para que se podan ver tamén na pantalla da entrada.
Do 6 ao 23 de xuño a exposición está aberta a toda a comunidade. Hai xogos , maquetas, murais, libros , álbumes, mapas a escala con códigos QR,..
Agradecemos ás familias, coma sempre, o seu interese e a súa colaboración, aos traballadores do Parque Natural pola súa acollida e acompañamento na investigación dos diferentes grupos, a Secundino, o mestre da Capela por amosarnos os Muíños do Sesín e o Museo Etnográfico e á Biblioteca Municipal que cedeu parte dos volumes incluídos na documentación inicial deste proxecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario